Por E.P. | VIGO | 07/11/2018 | Actualizada ás 14:46
Axentes do Grupo Operativo de Apoio (GOA) da Policía Local de Vigo incautáronse de varias armas simuladas que transportaban tres mozos no maleteiro dun vehículo.
Segundo informaron fontes policiais, os feitos producíronse na noite do pasado luns, cando unha dotación que circulaba pola zona de Naia observou un turismo que circulaba a velocidade excesiva.
A patrulla seguiu o coche e deulle o alto na rúa Severino Cobas, onde os axentes comprobaron que o vehículo estaba ocupado por tres mozos, de 20, 21 e 22 anos, todos eles sen antecedentes policiais.
Ao rexistraren o turismo, os axentes atoparon no maleteiro, debaixo dunha manta, varias armas simuladas tipo 'airsoft', das que os mozos non achegaron nin licenza nin factura de compra: un subfusil 'Carmalite Geneso U.S.A.', unha arma curta réplica 9 mm, 2 cargadores de subfusil, un cargador de arma curta de 9 mm, e tres réplicas de armas curtas.
A Policía Local levantou acta de incautación de tódalas armas, e informoulle aos mozos dos trámites administrativos que deben facer para recuperalas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.