Hopitalizada unha persoa por intoxicación pola mala combustión dunha cheminea dunha panadaría en Padrón

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2018 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que ser trasladada durante a madrugada deste domingo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ao sufrir unha intoxicación debido á mala combustión dunha cheminea nunha panadaría en Padrón.

Clínico, Chus
Clínico, Chus

Segundo informa o servizo de emerxencias do 112 Galicia, o local está situado no lugar de Xoane, na parroquia de Carcacia. O 112 tivo constancia dos feitos, ocorridos ao redor das 05,30 horas, a través da chamada dun particular.

Tras recibir a alerta puxo os feitos en coñecemento dos xestores do 061-Urxencias Sanitarias, do Ges de Padrón, da Policía Local, da Garda Civil e dos Bombeiros de Boiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta