Dimensionarmos o de Sabela

Desejava de te ver, trinta dias cada mês cada semana o seu dia e cada dia umha vez.(*) (*) Tris tras- Marful

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 23/12/2018

Comparte esta noticia

A participación de Sabela Ramil no programa Operación Triunfo da TVE , cantando en lingua galega en tres ocasións, xerou unha grande simpatía na cidadanía galega, amosando unha vez máis que case todos, galegofalantes e non galegofalantes, asumimos a nosa lingua  como un patrimonio común moi valioso, visibilizando que a lingua galega ten futuro e serve para cantar, amar, traballar e crear.

Sabela Ramil, candidata a OT
Sabela Ramil, candidata a OT | Fonte: XdM

Cantando Tris tras tamén visibilizou a ortografía internacional do galego, inxustamente tratada dende o Poder durante tantos anos e a proximidade do galego co portugués, xerando interese no público portugués e brasileiro. Unha importante achega para a  precisa conexión cultural e empresarial galega co mundo da lusofonía.

Esta historia amosou tamèn que a España da lingua e da cultura única é moi forte canto á súa representación na política e nos media, mais bastante  menos na cidadanía, nomeadamente entre a xente máis nova, que ve con naturalidade que os galegos falemos galego e os cataláns catalán. E que o veria con moita máis naturalidade se os media estatais visibilizaran que o Estado español non só fala en castelán, como aínda millóns de españois semellan acreditar.

Porén, non é tan positivo que só lle deamos valor ao noso cando trunfa en Madrid ou se reflicte dende Madrid. Porque o éxito  ou a aprobación en España non habería ser nunca o parámetro para avaliar os nosos produtos culturais. A cultura galega precisa ser consumida pola nosa cidadanía polo que é e polo que achega, sen necesidade do seu éxito alén das nosas fronteiras. Se Manolo Rivas non escrebira na prensa madrileña sería igual de bó.            

Cando se cumpren 25 anos do Xabarín, que conquistou para a galeguidade unha xeración enteira, fenómenos como o da nosa Sabela reflicten a necesidade de termos referentes de éxito e modernidade para a nosa xente nova e de valorar a xeito a magnífica riqueza cultural que hoxe ofrecen os creadores galegos en todas as artes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.