A economía galega crece un 3,4% en outubro, segundo o indicador do Foro Económico

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A economía galega creceu un 3,4% en outubro en comparación co mesmo mes de 2017, segundo o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica.

Industria.
Industria.

O Foro Económico de Galicia destaca que esta taxa é idéntica á alcanzada o mes pasado, no que se confirmou unha leve desaceleración da actividade da economía galega.

En termos intertrimestrais, o crecemento da actividade económica galega tamén se mantén estable, de forma que se sitúa no 0,7%.

De tal forma, o indicador arroxa un crecemento relativamente estable no inicio do último trimestre do ano, aínda que apunta unha lixeira baixada na súa intensidade.

No que vai de ano, a cifra de negocios do sector servizos está entre as cifras máis destacadas. No lado negativo, hai unha desfavorable evolución na produción de vehículos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta