Gonzalo Caballero cre que o discurso de Feijóo evidencia que "vive á marxe dos problemas de Galicia"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou este luns o discurso de Fin de Ano do presidente da Xunta como "sorprendente por decepcionante" e asegurou que pon de manifesto que Alberto Núñez Feijóo "vive na súa burbulla, á marxe da realidade e dos problemas dos galegos".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2018 | Actualizada ás 15:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou este luns o discurso de Fin de Ano do presidente da Xunta como "sorprendente por decepcionante" e asegurou que pon de manifesto que Alberto Núñez Feijóo "vive na súa burbulla, á marxe da realidade e dos problemas dos galegos".

Para o líder dos socialistas galegos, esta intervención evidencia que Núñez Feijóo "non ten ningún proxecto nin ningunha proposta" para Galicia, dado que o seu discurso permaneceu "alleo aos problemas" da Comunidade e "centrado" no ámbito nacional.

"Céntrase na posible aplicación do artigo 155 en Cataluña e esquece os problemas da sanidade pública, que Galicia perde poboación, que os mozos non teñen posibilidades de futuro na nosa terra, que o medio rural morre...", enumerou Gonzalo Caballero, que criticou que Feijóo "pase por alto a realidade do país que ten que gobernar".

Para Caballero, o discurso apunta que Feijóo "xa non goberna en Galicia. "Non ten na súa cabeza nin na súa axenda de preocupacións os problemas de Galicia, a realidade do país no que vivimos, senón que está centrado na súa axenda de política nacional para ver que espazo pode xogar no PP con ou sen Casado", dixo o líder do PSdeG, que botou en falta "empatía cos galegos que atravesan dificultades".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta