A noite de Reis, a máis fría do ano con temperaturas de -10ºC

Zonas do interior de Galicia como a Limia ou Terra Chá viviron unha noite moi fría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2019 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

Calvos de Randín (Ourense) volveu a rexistrar a temperatura mínima da xornada noutra fría noite en Galicia na que os termómetros volveron baixar dos -8ºC en varios puntos do interior de Lugo e Ourense, que permanecen en aviso amarelo por baixas temperaturas.

Frío en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Frío en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

A comarca ourensá da Limia foi de novo o punto da xeografía galega na que as temperaturas alcanzaron valores extremos. Calvos rozou os -10ºC á primeira hora deste domingo, cando ás 09,00 horas o termómetro marcou -9,8ºC.

Vilalba (Lugo) tamén foi outra das zonas onde o frío se fixo sentir máis, xa que na parroquia de San Martiño de Lanzós alcanzáronse os -9,3º ás 09,10 horas deste domingo.

Na Limia, os termómetros esborralláronse por baixo dos -8ºC en diferentes puntos, como Verín con -9,1ºC e Xinzo con -8,4ºC, mesma temperatura que chegou a rexistrarse en Morelle --Sarria (Lugo)--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta