Por E.P. | A CORUÑA | 11/01/2019 | Actualizada ás 16:43
A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o mércores, día 16, o xuízo contra un home acusado de abusar da súa neta cando acudía ao seu domicilio desde que a menor tiña cinco anos ata que cumpriu 11, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
A causa procede do Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión e, polos feitos que se lle imputan, a Fiscalía pide unha pena de seis anos de prisión por un delito continuado de abuso seuxal a un menor. Tamén reclama que se estableza a prohibición de achegarse á vítima a menos de 250 metros, así como de comunicarse con ela durante oito anos.
Segundo relata no seu escrito de cualificación o Ministerio Público, o avó, aproveitando a visita da neta durante os meses de verán, en concreto desde o ano 2003, realizáballe diversos tocamentos "nun número importante de ocasións que non se puideron precisar".
Estes feitos, que se mantiveron ata o ano 2009, cando a nena tiña 11 anos, producíanse cando ían de paso polo monte, na parte superior da vivenda ou noutras dependencias "como o galiñeiro ou o garaxe", engade Fiscalía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.