Rede Localis di que as melloras na contratación dos concellos "reducen" os niveis de "corrupción"

A Rede Local da Administración Pública propón cambios a nivel municipal para aumentar a calidade dos servizos públicos

Por E.P. | VIGO | 15/01/2019 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A Rede Localis, Rede Local de Administración Pública, presentou este martes no Círculo de Empresarios de Galicia as súas propostas para mellorar a contratación pública local aproveitando a entrada en vigor da nova lei ao respecto. A respecto disto,  explicaron que os concellos galegos "manteñen as súas reservas", malia que os resultados se traducirían en diminuír a corrupción.

Membros de Rede Localis, na presentación dun documento.
Membros de Rede Localis, na presentación dun documento.

Neste sentido, desde Rede Localis manifestaron que as "potenciais melloras" que entraña este novo modelo de contratación pública "redundarían nun reforzo da calidade dos servizos públicos e nun elemento de especial relevancia: a redución da corrupción"Así mesmo, lembraron que os contratos municipais moven case un 20 por cento do PIB a nivel estatal. De aí a importancia destes contratos, segundo valoraron desde a Rede.

A Rede Localis presentou este martes o documento 'Contratación pública (Lei 9/2017): Dificultades para implantar o novo modelo no mundo local e propostas de mellora', asinado por Concepción Campos Acuña, codirectora da Rede e José Caamaño, profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

Neste traballo realizaron unha enquisa nos consistorios galegos sobre "a realidade da implantación das novidades na contratación pública estratéxica" e exponse propostas de mellora.

PROPOSTAS

Estas propostas van desde escalar as esixencias legais en función do tamaño dos distintos concellos" ata "potenciar" o papel das Deputacións Provinciais, apostar pola "profesionalización da contratación pública", adoptar "medidas de fomento de contratación coas PEMES", ou "normalizar" pregos e documentos para facilitar unha contratación "socialmente responsable".

Os resultados da enquisa realizada mostraron que os concellos manifestan unha percepción "predominantemente negativa" sobre a adecuación do marco legal vixente á realidade municipal. "Non acaban de recoñecer e traducir á súa actividade contractual todo o abano de aspectos de interese público contemplados no novo modelo", apuntou Jose Caamaño.

"Preténdese que a contratación pública sirva para construír unha sociedade mellor e a iso están orientadas estas medidas. Entendendo que os municipios, máis de 8.000, son unha canle moi importante para que se cumpran estes obxectivos. En particular en Galicia, pola proximidade e a distribución da poboación, encárganse dos servizos nos que a cidadanía fai o seu día a día: abastecemento de auga, saneamento...", sinalou Concepción Campos Acuña.

A Rede Localis, Rede Local de Administración Pública, é unha rede sobre o municipalismo galego, da que forman parte profesores e investigadores das tres universidades galegas e profesionais do mundo local en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta