Suprimir 22 concellos e dúas deputacións en Galicia?

Que administracións habería que fusionar para aplicar o recorte italiano no país? GC avalía que concellos e deputacións poden suprimirse na próxima lexislatura no Estado e presenta as posturas dos diferentes partidos galegos.

Por Walter Burns | Ourense | 16/08/2011 | Actualizada ás 22:05

Comparte esta noticia

Suprimir as provincias de menos de 300.000 habitantes ou de 3.000 km2 de superficie, é dicir,  e os concellos con menos de mil habitantes. Estas son algunhas das medidas anunciadas por Italia para calmar a ese anónimo ente chamado "os mercados", capaz de amedrentar a calquera goberno democraticamente elixido.

O anuncio de Silvio Berlusconi desatou de seguido un debate en España, estado cuxa solvencia tamén está en cuestión. Por exemplo, este martes o candidato do PSOE á presidencia do Goberno Alfredo Pérez Rubalcaba apostaba pola eliminación das deputacións, que en Galicia leva anos a demandar o BNG. Alfredo Pérez Rubalcaba argumenta que as provincias son produto do século XIX e que cómpre eliminalas ou redefinilas súas funcións.

O debate tamén chegou a Galicia. O presidente da FEGAMP, o socialista Carlos Fernández, alertou esta semana que moitos municipios poden quebrar se a Xunta non asume o pagamento de parte dos servizos municipais. Neste contexto, hai voces tanto no PSOE como no PP que falan da necesidade de fusionar concellos en Galicia. Agora ben, ninguén se atreve a concretar que concellos deberían ser eliminados.

De aplicarse o criterio italiano, Galicia perdería 22 concellos. Velaquí a lista de entidades que se poderían suprimir, segundo a súa provincia e ordenada por número de habitantes  segundo provincias:

Ourense Blancos (Os) 997
Ourense Lobeira 994
Ourense Manzaneda 994
Ourense Vilar de Santos 970
Ourense Gomesende 968
Ourense Montederramo 961
Ourense Xunqueira de Espadanedo 948
Ourense Punxín 840
Lugo Muras 787
Lugo Triacastela 771
Ourense Quintela de Leirado 751
Pontevedra Mondariz-Balneario 734
Ourense San Xoán de Río 734
Ourense Vilariño de Conso 675
Ourense Parada de Sil 670
Lugo Ribeira de Piquín 664
Ourense Pontedeva 661
Ourense Chandrexa de Queixa 639
Ourense Larouco 584
Ourense Beade 515
Ourense Teixeira (A) 447
Lugo Negueira de Muñiz 207

Ademais, dúas provincias galegas, Ourense e Lugo estarían preto de seren suprimidas de acordo ao baremo italiano. Ourense ten 336.000 habitantes e Lugo 355.000. De confirmarse a continúa caída demográfica, pronto entrarían nas administracións a fusionar.

None

Baltar gasta máis do 40% do que ingresa en soldos

A Deputación de Ourense, en mans do PPdeG ten 851 empregados directos, o que a converte no maior empregador da provincia. Segundo denunciaron a oposición e multitude de medios, a maioría destes traballadores son cargos do partido conservador ou familiares seus. O ente que dirixe José Luís Baltar adica máis do 40 por cento dos seus ingresos a pagar aos seus asalariados, mentres que na Coruña non se chega ao 18 por cento.

O caso da Deputación de Ourense pode ser o máis extremo, pero non é o único nun país no que as contratacións públicas a miúdo soen executarse en función das afinidades políticas. As palabras de Rubalcaba mostran que tanto pequenos concellos como os entes provinciais poden ter os seus días contados. O novo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo (PP), xa se  mostrou a prol da fusión dos municipios pequenos sempre que sexa por vontade propia malia que, loxicamente, está en contra da fin das deputacións.

Con todo, hai algo sobre o que ningún político se atreve a pronunciarse, o futuro dos funcionarios que fiquen sen labor no caso de extinguirse as súas administracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

5 Español listismo

Mira te son todos iguales, pero yo te creo que el Baltar es muy bueno, pues un primo del cuñado de la hermana que te sale con la novia de Manoliño me dijo que en Orense te estaban muy bien. Y además, si no eres del PP, jodeté.

1 Agustín

Hehehe, la prima de riesgo se acuesta con un presunto descendiente del que le destellaba los hórreos de millo, chamado Foucellas. que disque por los diez de Mamoria Histórica era muxo menos galego y merecedor de honores que Millán el de Mártes y Trece. Biba la cañí que en Anos 60 nos permitía ir a ver de fuera el Pazo de Meirás del jeneralismo y en el 2010 bació Jalicia para ir a ber a B.XVI con uns anís demáis baleirando as rúas.

4 iscream_icecream

O que hai que ter en conta con Ourense e Lugo e a súa defensa fronte a máis prospera costa galega das outras duas provincias. O BNG é moi deficiente nese senso. E absurdo que moitas veces centre o debate galego as diverxencias norte-sur coa Coruña e Vigo cando o tráxico esta no desnivel este-oeste. Para nada absorción nin desaparación, atención dunha vez por todas a Ourense e Lugo, e traballo a prol delas aínda que sexa en detrimento de proxectos das provincias do oeste que senón estaremos nun desequilibrio entre a cidadanía cando no este temos recursos, potencialidades e grandes oportunidades pra desenrolar.

3 jose

Galiza debe funcionar coas áreas metropolitanas e as comarcas, e facer desaparecer as deputacións e os concellos pequenos. Lóxica económica e xeográfica

2 Marcos Cotobade

O que oh! De cada 5 concellos facer un e xa chegaban! Para que queremos concellos de menos de 5.000 habitantes? Para que un alcalde e menos de dez concelleiros mangoneen o pouco que hai? E deputacións nin unha, ao haber concellos con xente abondo, menos políticos e funcionarios a chuchar do teto e os impostos mellor repartidos, as deputacións son totalmente inútiles. O carallo é que aquí non hai políticos valentes, e o electorado, coma os políticos, somos unha panda de localistas. Non movamos os marcos, ou dámonos de ostias...

1 Arenga

Devem-se suprimir todas as deputaçons assim como fusionar os concelhos com menos de 2000 pessoas.