O líder de Podemos Galicia recoñece que "son días agridoces" para o partido e non se pronuncia sobre Errejón

O parlamentario apelou ao asunto da rolda de prensa, a postura de En Marea sobre os PGE, para non falar da crise no seu partido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, recoñeceu que "son días agridoces" para o partido morado pero evitou pronunciarse sobre a crise aberta na formación tras o anuncio efectuado por Íñigo Errejón de que renuncia ás siglas de Podemos e concorrerá ás eleccións autonómicas baixo a mesma plataforma da alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.

Antón Gómez-Reino, líder de Podemos Galicia e deputado de En Marea. EN MAREA
Antón Gómez-Reino, líder de Podemos Galicia e deputado de En Marea. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa celebrada en Santiago xunto aos seus compañeiros no Congreso de En Marea, Gómez-Reino non quixo comentar o movemento de Errejón, que provocou que o líder de Podemos, Pablo Igrexas, sitúe fóra do partido ao seu antigo número dous.

"Son días agridoces", limitouse a contestar Gómez-Reino, aliñado coa dirección de Pablo Igrexas. Así, o parlamentario apelou ao asunto da rolda de prensa (a postura dos deputados de En Marea sobre os PGE) para non entrar en consideracións sobre a crise aberta no seu partido.

"Estamos aquí para falar dos problemas dos galegos, que son importantes para o país", esgrimiu o líder de Podemos Galicia, que tampouco quixo referirse ás alianzas do partido morado para as eleccións municipais. "Hoxe non é día de falar destas cousas", engadiu, para logo matizar que Podemos "seguirá na senda de buscar espazos de maiorías" de cara á cita coas urnas do 26 de maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Sentidiño

Leamos unidas a epístola de san Pablo aos youtubers. Machoalfa de baixa por paternidade, mais guía único e pai stalin de todo podemita, recorda a John Hurt en "V de Vendetta"...

5 REINO SEN REI

Carolina Bescansa segun publica hoxe La Coz de Galicia volta a política cuestionando as primarias nas que gañou Antón Gomez Reino E que casualidade a empresa para xestionar ese proceso de primarias é a mesma que tiñan contratada en En Marea. Parece que hai un tufo moi grande no espíritu democrático e participativo de Antón Gómez Reino. Este en vez de Toné é un Tonecho. Podemos Galicia acaba de confirmar a súa desaparición de Galicia. E querían postos de saída na Coruña, amañaron as primarias de En marea incorporando ao censo de En marea opropio censo de Podemos, coa complicidade plena de Antón Sánchez, Martiño Noriega e ANOVA; pero hai unha máxima que case sempre se cumple. O tempo pon a cada un no seu sitio. Adiante En Marea, adiante Luis Villares, Adiante @s inscrit@s. ADIANTE O NACIONALISMO GALEGO. NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS COALICIÓN BNG-EN MAREA.

1 Gamela

Se Agora Voting amañou tódalas eleccións de Podemos o que deberamos reclamar sen máis dilación é volver a votar en urna e con papeleta! Pois se existen fendas nos sistemas on-line calquera pode amañalos! Os holandeses reclamaron volver a votar en urna e que eu saiba Podemos non se presenta en Holanda! // Levamos demasiado tempo confiando CEGAMENTE nas novas tecnoloxías e cicais chegou o tempo de volver ao mundo Analóxico e Real (?) A ver se así deixamos de facer políticas dixitais e deixamos retuitear as ocorrencias dun tal Trump! Esixir GARANTÍAS nos procedementos democráticos é moi conveniente antes de que o PP e o PSOE aprendan a facer trampas nas votacións dixitais !!! https://i.gal/gamela16

4 Medulio

Garzón, Iglesias, Casado, Frijol, Caballero, Primo de Rivera, Santiago (y cierra) aVOXcal... a tropa madrileira toda. Nas vindeiras eleccións o BNG ten que ser a alternativa porque é a única opción galega que temos. Xa teño decidido o meu voto, farto de marearnos e vendernos como colonia. Gracias Catalunya por abrir camiño e ollos a moitos que aínda non acreditabamos en nós mesmos. Iste Estado é unha maldición para Galiza. Adeus España.

3 Gamela

"Podemos" ten un problema e se chama "Izquierda Unida" en Galicia temos experiencia sobrada https://i.gal/gamela05 En Madrid aínda non pillaron a idea... pero non queda moito para caer da burra... Errejón non é parvo... cen mil veces mellor con Carmena que aturar os discursos baleiros de un tal Alberto Garzón !!!

1 lóstrego

Eres un españoleiro, nin español non galego.

2 Gamela

Seguramente, os de Vigo temos un problema que se chama https://flic.kr/p/2cQ4ewW Mentres non me regalen apartamento na Illa de Arousa nin siquera son de Lugo!

2 Vulpes vulpes

De verdade, teño que dicilo. Encántame, estou eufórico, ver aqueles prepotentes, perdoavidas, que querían enterrar o nacionalismo galego, nesta debacle sen fin. Tic, tac, tic, tac... Xa o dirían por eles?