Traballadores escravos nunha contrata de Zara

Proletarios que facían roupa para Zara en Brasil, a maioría bolivianos, foron sometidos a condicións insalubres e carecían de contrato. Esta é a denuncia que a firma de Amancio Ortega afronta neste intres diante da opinión pública suramericana e que se está a espallar como o lume pola Rede.

Por Galicia Confidencial | Sao Paolo | 18/08/2011 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

As investigacións comezaron en maio en Americana, unha cidade situada a 130 quilómetros Sao Paulo. A Fiscalía atopou 52 cidadáns bolivianos que traballaban en condicións insalubres e que non foran rexistrados formalmente.

Durante a investigación, foron atopadas "pezas de Zara, que confiscamos", destacou o portavoz e precisou que Zara contrataba os servizos da empresa brasileira Rhodes, que á súa vez "subcontrataba con varias oficinas clandestinas ou en condicións precarias".

No lugar "traballaban 14 horas por día en media, porque gañan por produción, nun ambiente degradante, con cables (de enerxía) expostos, moito calor e moita xente" nun espazo reducido, afirmou o portavoz. E vivían no piso superior do lugar, en condicións de hixiene precarias.

As autoridades atoparon outras dúas oficinas que confeccionaban pezas para Zara en Sao Paulo.

A ONG Reporter Brasil informou o mércores de que unhas 15 persoas foron detectadas polos servizos laborais e sacadas desas instalacións.

A empresa española Inditex, dona da marca Zara, recoñeceu as irregularidades o mércores nun comunicado que a prensa brasileira divulgou amplamente. Inditex sinala que esixiu ao "provedor responsable pola tercerización non autorizada que regularice a situación inmediatamente" e informou de que traballa nese sentido.

Segundo o portavoz, o ministerio do Traballo xa aplicou 52 multas a Zara por irregularidades laborais. A fiscalía estuda se demandará á marca "por contratación de man de obra escrava" e se a incluirá na lista "sucia" de empresas que explotan man de obra.

A popular marca española está presente en 78 países, nos que dispón de 5.154 locais.

None

Desde Inditex aseguran que non coñecían esta grave situación e sosteñen que "este feito supón unha grave infracción do código de conduta de fabricantes externos da compañía, que o fabricante debía seguir por contrato". Ademais, desde a empresa de Amancio Ortega xa tomaron medidas contra o provedor, que "asumiu a totalidade das compensacións económicas aos traballadores que establece a lei brasileira e o código de conduta de Inditex".

Mediante un comunicado, a dona de Zara asegura tamén que corrixirá as condicións laborais da subcontrata para que está ao mesmo nivel que as instalacións auditadas e aprobadas polos inspectores do grupo Inditex.

O Ministerio de Traballo brasileiro, que abriu unha investigación para tratar a fondo esta infracción, contradi a versión da xigante téxtil, pois constatan, segundo manifestacións que cita a axencia alemá DPA, que "a empresa AHA funciona como unha extensión lóxica do seu cliente principal no país, Zara Brasil Limitada. A empresa é responsable dos traballadores que producen para ela".

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

2 Miguelinho

ESCLAVOS??? Matades o galego todos os dias.

1 Gamela

Aconsello que te poñas en conctacto con GC como colaborador desinteresado na corrección ortográfica e gramatical do galego RAG. Sería mellor que facer estes comentarios, non si?

2 Metalhurlant

Es un babeco, meu. Máis babeco e non naces,

3 Lucense

É o que tem botar a língua a pascer quando nom se tem nada a dizer, já sabes, os recipientes vazios som os que fam mais ruído.

4 JoS

O galego Rag não precisa correção. Quando vale tudo, tudo vale nada.

5 Lucense

Mais bem deveriam chamar-lhe galego RAE, ademais para que carvalho queremos uma língua digna e apta para ser veículo de cultura? Para isso já temos o castelhano, como bem dixo o ínclito e iníquo Ramón Lorenzo: http://www.pglingua.org/noticias/en...

1 Walton

Un adianto da España soñada por Marianito, Feijóo e a patronal. Non é de estrañar que Amancio Ortega suscite tanta admiración entre os poderosos destes lares e entre os seus aduladores.