O PPdeG tamén politiza no Parlamento galego a situación en Venezuela

Presentará unha iniciativa para condenar a "dramática" e "alarmante" situación de Venezuela utilizando aos emigrantes como excusa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2019 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que o Partido Popular rexistrará unha proposición non de lei para que o Parlamento debata "canto antes" sobre a situación "dramática" na que se atopa Venezuela.

"Queremos que o Parlamento se pronuncie sobre a actual situación de Venezuela pola súa situación dramática e máis que alarmante", sinalou Puy este luns en rolda de prensa. Así mesmo, o portavoz popular indicou que, a través desta proposición non de lei, o PP tenta "pór en evidencia unha crise humanitaria que xa empeza a ser das máis importantes do mundo, con tres millóns de persoas que abandonan Venezuela".

"Estamos nun punto de case fracaso total, de estado errado en Venezuela", apuntou Puy, quen engadiu que o PP é "aséptico" a que se chegue a un acordo sobre a situación do país suramericano coa oposición.

"Este fracaso nunha comunidade como Galicia preocupa especialmente tendo en conta a importante comunidade galega que está alí", destacou Puy. Neste sentido, o portavoz asegurou que a Xunta "se está comportando de forma solidaria" e sinalou que está "lexitimada" para sumarse ás peticións doutros Gobernos como o de Estados Unidos ou a propia Unión Europea de que haxa unha saída democrática "inmediata".

Portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy.
Portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

A situación en Venezuela é fabulosa. 1000 e pico de inflación anual, 26.000 asesinatos ao ano, tres millóns de venezolanos fora do país, fame. Eso, nun dos países mais ricos do mundo en petróleo. Un exitazo fabuloso do " socialismo do século XXI". E os que se atrevan a criticar ese éxito son uns carcas por non dicir outra cousa.

1 Gamela

para ser xustos a primeira en meter o nariz en Venezuela foi a Senadora VanessaAngustia (Podemos-EU) por Ourense, cando viaxou a Caracas para certificar a limpeza do Referendum da ANC que lle deu a Presidencia vitalicia a un tal Maduro...! https://i.gal/gamela03