Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2019 | Actualizada ás 15:47
No pleno da Deputación de Pontevedra celebrado este xoves a portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Elena Muñoz, dirixiu unha pregunta á presidenta da institución, Carmela Silva, para que dea "explicacións políticas polo escándalo que se está xulgando sobre a suposta contratación irregular dunha familiar directa súa". A intervención de Elena Muñoz tivo lugar durante a quenda de "rogos e preguntas" na parte final da sesión plenaria.
Non respondeu directamente Carmela Silva senón que foi o portavoz socialista Carlos López Font quen dixo que se lle contestaría en "onde haxa que contestar". "Enfangarse no lodo deixámosllo para vostedes e para quen ideou esta estratexia que son o señor Rueda e o señor Feijóo", acusou. Un argumento que foi afeado por Elena Muñoz, que o tachou de "machista".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.