A galega Isabel Silvariño leva para Santa Comba o Goya a Fotografía

A fotógrafa estaba nominada xunto con máis galegos e galegas dentro desta sección.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Isabel Antelo Silvariño era a segunda vez que estaba nominada ao Goya de Fotografía. Compite cun gráfico-documental sobre a parroquia de San Adrián de Castro, no concello de Zas. Hai dous anos competira cunha nominación á súa foto sobre o fogueteiro nas festas dos Milagres de Santa Catarina.

Gala dos Goya nos que foi premiada Isabel Antelo Silvariño
Gala dos Goya nos que foi premiada Isabel Antelo Silvariño | Fonte: Fabián Ben

Os Premios Goya de Fotografía e Vídeo Profesional están convocados pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Aragón (AFPA).

Isabel Antelo desenvolve o seu traballo profesional no estudo de fotografía familiar Foto Silvariño. Hai  pouco que tamén obtivera o nomeamento de "fotógrafa distinguida internacional". Este galardón fóralle concedido pola federación portuguesa de imaxe APPimagem.

Ademais da súa tarefa como fotógrafa, tamén ten realizado obradoiros con outras mulleres fotógrafas para explicar aos máis novos como desenvolven o seu labor. Desta maneira buscaban crear conciencia de xénero nunha profesión ata o de agora, como moitas, dominada pola  presenza masculina. Xunto a isto, tamén buscaban abrir as portas dun traballo profesional a novas xeracións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta