La Voz só garante o 75% do emprego existente

O pasado domingo os traballadores de La Voz, reunidos en asemblea, votaron en contra do plan de viabilidade da empresa. O ultimátum remataba este martes.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 21/09/2011 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Máis de 150 traballadores acudiron o pasado domingo ao Hotel Compostela, en Santiago de Compostela, convocados polo Comité Intercentros. O asunto era moi grave como para que fora decidido en asembleas locais.

E é que a empresa lanzou o pasado mércores un ultimátum de cara a mellorar a situación económica da empresa. O director xeral, acompañado dunha importante representación da empresa, reuníronse co comité para anunciar que "non se garantiza" a "viabilidade" de La Voz de Galicia nas actuais circunstancias de crise económica, "a peor da historia", segundo recoñeceu esta delegación da empresa.

Por iso, propuxo aforrar catro millóns de euros na partida de persoal. Este aforro, segundo a dirección, podería reducir o proceso de perdas nos que entrou a empresa nos últimos meses.  

None

O plan

O plan de aforro de La Voz de Galicia pasa por:
- Prorrogar o acordo de minorización salarial do 3% durante os anos 2012, 13 e 14. Precisamente, no Nadal caduca o acordo o que chegou o comité hai dous anos e tería que ser restituído nesas data.
- Garantir só o 75% do emprego existente.
- Negociar un novo marco laboral que derogase o actual convenio. O novo marco sería, segundo a empresa, sobre os seguintes parámetros: mobilidade xeográfica e funcional, novos grupos profesionais, xubilación obrigatoria aos 65 anos, todas as tarefas do persoal serían para todos os procesos produtivos da empresa e a xornada laboral de sete días.

Una proposta que os representantes dos traballadores consideraron prácticamente inaceptable. Por iso foi sometida a votación na asemblea do pasado domingo obtendo a práctica unanimidade dos votos en contra e tan só unha abstención.

Panorama incerto

O panorama que agora se abre no maior medio de Galicia é incerto xa que en Nadal caduca a moratoria que aprobaran traballadores e empresa para despedir a traballadores e modificar o convenio de empresa tras o acordo ao que chegaron de reducir o salario nun 3,5%. Por iso, as fontes consultadas, non descartan que a empresa realice despidos indiscriminados a partir de entón. A empresa podería despedir a tandadas de 30 traballadores, o límite para que sexa considerado un ERE.

Unha das primeiras propostas que presentou a empresa recollía o despido de entre 45 e 72 persoas dos case 500 que traballan no xornal La Voz de Galicia e en Corporación Voz, o ente no que están a maior parte dos directivos e que presta servizos a todo o grupo. Sen embargo, ese número ascende, agora a máis de 100 persoas. Esta é a primeira vez que se realiza unha medida tan drástica no Grupo Voz que, ademais do xornal, ten unha radio (Radio Voz) e unha televisión (Voz TV).

Por iso, e ante o que se aveciña, non se descartan novas convocatorias de protestas, como a que hai uns meses protagonizaron máis de 30 traballadores diante do edificio de La Voz en Sabón. Sen embargo, as protestas futuras prevense máis numerosas e poderían paralizar o funcionamento do xornal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 167 comentarios

43 Polo bo camiño

Cada vez que 'La Coz de Malicia' perde un lector, este país é máis libre, máis nobre, menos inculto... mellor.

1 Tjode

Yo ya lo noto.

42 Arenga

Pois eu aledaria-me muito do feche da coz, assim como de interfacherio, etc, etc. Nom vim a ninguem dos que agoram falam dos postos de trabalho dizer o mesmo quando fechou o xornal, assim como a eliminaçom de ajudas ao galego também elimina trabalhos mas isso nom importa, nom?.

1 laura

Esta noticia non di que La Voz vaia pechar. A min persoalmente non me importaría nda que pechase. Pero a noticia só di que vai fóra un 25% da plantilla e as condicións laborais van ser peores. Non se especifica que tipo de postos se perden. Dubido eu que sexan os que toman as decisións e fan de La Voz de Galicia un medio tan odiado. Caerán colaboradores como Francisco Espiñeira? por poñer un exemplo... Eu non o creo... E hai que lembrar que a crise é moitas veces a excusa para librarse de xente de maneira económica a costa do Estado, sobran os exemplos. E eu, persoalmente, tamén sentin os postos de traballos que se perderon en xornal e a eliminación de axudas ao galego.

41 Obreiro

É incrible que a ideoloxía dalgúns non deixe ver os traballadores que poden perder o seu emprego. En calquera medio de comunicación hai xente de tódalas ideoloxías que o que queren é facer ben o seu traballo sexan redactores ou técnicos, pensar que unha liña editorial ou a tendencia política duns xefes lexitima a perda dun posto de traballo e penoso.

1 boicoz

Vaaaale, convencéchesme. De agora en adiante vou mercar lacoz, la gaceta e ver intereconomía a diario porque os obreiros que traballan neses medios non teñen a culpa da liña editorial. Tamén vou sacar o carnet do PP, porque os administrativos e obreiros que traballan nese partido non teñen culpa da liña política do mesmo, e sería unha pena que fosen ó paro por falla de militantes....

40 Black Crow

La crisis de la Voz es una gran noticia para el PP porque ahora todos van a perder el cvlo para ser mas rastreros, pelotas y lacayos cuando escriban una noticia y así entrar en el 75% que se queda. Mirad hijos, los de derechas tenemos muy claro que cuando la gente está unida y tiene ética y dignidad no te puedes meter con ellos porque te responden todos a una. Mas, ay amigo, si son una manga de pelotas y unos besacvlos compitiendo entre ellos, puedes hacer lo quieras porque estarán muy ocupadas peleándose por las migajas. Otra forma de decirlo es que se recoge lo que se siembra.

1 Imposível

"La Coz" más rastrera, mentireira e manipuladora? Iso é completamente imposível.

39 laura

Imaxino que tod@s os que insultades aos traballadores de La voz aquí tedes a grandísima sorte de traballar en empresas nas que se emprega sempre o galego, non hai discriminación ás mulleres, non causan impacto ambiental, teñen un fondo social, fan país, non despiden a ninguén inxustamente, teñen salarios dignos, producen na terra, non explotan no terceiro mundo, non contratan por enchufe, os traballadores teñen autonomía e toman parte das decisións, non hai favores políticos e só se rixen pola ética... Eu nunca tiven esa sorte, nin a terán os traballadores de La Voz, empresa privada. Moitos cremos nunha Galiza melllor pero temos que ir sobrevivindo nesta sociedade inxusta como vamos podendo... Eu tento vivir 100% de acordo cos seus principios, pero no laboral é onde atopei sempre os maiores atrancos. E no mundo do xornalismo a cousa non é máis doada.

1 En fin

Xa, claro. Cal é o seguinte paso? Ser amigos dos policias, dos guardas civís, dos verdugos, dos funcionários de prisións, dos torturadores, dos falanxistas... en fin...

2 Antón

Laura, eu estiven trabalhando vinte anos nunha multinacional que agora explota trabalhadores no 3º mundo, e estando fixo despedinme, foi unha decisión persoal, como eu foron moitos os que ergueron a empresa que visto o rumbo que tomaba a empresa decidimos irnos. Non boto en cara ren, os que quereron quedarse, eu ganhei en autoestima e non me arrepinto.

3 laura

Antón, paréceme xenial. Eu estou desempregada, e tamén marchei de empresas coas que non comulgaba. Pero non se pode culpar da liña editorial de La Voz aos seus traballadores, e menos a ese 25% que vai ser despedido, que sen dúbida, non son os que toman decisións alí. Cales serán as súas alternativas agora? Falta empresariado ético no eido do xornalismo. Eu insisto en mostrar a miña solidaridade polos que van ficar sen emprego.

4 Xilenzo

Pois si son culpables e moito. Agardo que os boten a todos.