La Voz só garante o 75% do emprego existente

O pasado domingo os traballadores de La Voz, reunidos en asemblea, votaron en contra do plan de viabilidade da empresa. O ultimátum remataba este martes.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 21/09/2011 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Máis de 150 traballadores acudiron o pasado domingo ao Hotel Compostela, en Santiago de Compostela, convocados polo Comité Intercentros. O asunto era moi grave como para que fora decidido en asembleas locais.

E é que a empresa lanzou o pasado mércores un ultimátum de cara a mellorar a situación económica da empresa. O director xeral, acompañado dunha importante representación da empresa, reuníronse co comité para anunciar que "non se garantiza" a "viabilidade" de La Voz de Galicia nas actuais circunstancias de crise económica, "a peor da historia", segundo recoñeceu esta delegación da empresa.

Por iso, propuxo aforrar catro millóns de euros na partida de persoal. Este aforro, segundo a dirección, podería reducir o proceso de perdas nos que entrou a empresa nos últimos meses.  

None

O plan

O plan de aforro de La Voz de Galicia pasa por:
- Prorrogar o acordo de minorización salarial do 3% durante os anos 2012, 13 e 14. Precisamente, no Nadal caduca o acordo o que chegou o comité hai dous anos e tería que ser restituído nesas data.
- Garantir só o 75% do emprego existente.
- Negociar un novo marco laboral que derogase o actual convenio. O novo marco sería, segundo a empresa, sobre os seguintes parámetros: mobilidade xeográfica e funcional, novos grupos profesionais, xubilación obrigatoria aos 65 anos, todas as tarefas do persoal serían para todos os procesos produtivos da empresa e a xornada laboral de sete días.

Una proposta que os representantes dos traballadores consideraron prácticamente inaceptable. Por iso foi sometida a votación na asemblea do pasado domingo obtendo a práctica unanimidade dos votos en contra e tan só unha abstención.

Panorama incerto

O panorama que agora se abre no maior medio de Galicia é incerto xa que en Nadal caduca a moratoria que aprobaran traballadores e empresa para despedir a traballadores e modificar o convenio de empresa tras o acordo ao que chegaron de reducir o salario nun 3,5%. Por iso, as fontes consultadas, non descartan que a empresa realice despidos indiscriminados a partir de entón. A empresa podería despedir a tandadas de 30 traballadores, o límite para que sexa considerado un ERE.

Unha das primeiras propostas que presentou a empresa recollía o despido de entre 45 e 72 persoas dos case 500 que traballan no xornal La Voz de Galicia e en Corporación Voz, o ente no que están a maior parte dos directivos e que presta servizos a todo o grupo. Sen embargo, ese número ascende, agora a máis de 100 persoas. Esta é a primeira vez que se realiza unha medida tan drástica no Grupo Voz que, ademais do xornal, ten unha radio (Radio Voz) e unha televisión (Voz TV).

Por iso, e ante o que se aveciña, non se descartan novas convocatorias de protestas, como a que hai uns meses protagonizaron máis de 30 traballadores diante do edificio de La Voz en Sabón. Sen embargo, as protestas futuras prevense máis numerosas e poderían paralizar o funcionamento do xornal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 167 comentarios

38 rei

o panfleto pepeiro hoxe volve titular na súa portada, o que lle manda a consellaría de educación...e noxento

37 RAMON

pOR QUÉ NON EMPEZA OPOR PECHAR VOZ TELEVISIÓN, UN INVENTO RUINOSO QUE NON TEN PROXECTO NIN SENTIDO?

36 Manoliño

Non dades matado a Franco nin pechado a Voz. Dos supostos despedimentos dos que se fala aquí, xa veremos o que hai e deixa de haber. En calquera caso se a Voz o pasara mal supoño que sería o único medio galego xunto co Faro que podería cobrar por acceder a algunhas novas. Os medios que pecharon fixérono por tocar novas da política que lle interesan tres fanáticos, pero que non interesan aos galegos e non soportades que as vosas importantísimas chorradas non lle interesen á xente ou teña unha opinión formada que non precise mais información nin menos o adoctrinamento que pretendedes.

1 Manoliño

Tédesvos por un modelo, credes que todo se fai con axitación e propaganda e resulta que a xente nin quere parecerse a vós, nin lle interesa a política. Prefire temas mais humanos. Nin lle interesa a folga de profes, nin a despedida de ZP, nin nada do que lles interesa aos fanáticos da política. Novas mais vistas agora na Voz: 1. Juan José Cortés y otros cuatro detenidos pasarán mañana a disposición judicial. 2. Una estatua de 80 kilos cae sobre dos niñas en un parque coruñés. 3. Un agricultor jubilado de 90 años tiene 33 hijos con su mujer, su cuñada y su suegra. 4. Galicia vuelve a producir el mejor lúpulo de España. 5. El homicida tiró a uno de los mellizos por las escaleras semanas antes del crimen.

2 Admirador

Gracias por tus lecciones de periodismo. Leerte todo los días es aprender. Historia, sociología, pedagogía, no hay nada que se te escape.

3 Manoliño

Por nada. Lo cierto es que los medios cuya línea editorial principal es la política agitada cierran y La Voz con supuestas dificultades (que a saber lo que hay de cierto), tiene un periódico, una tele y una radio. Me comentaba un amigo que pasó su infancia y parte de su adolescencia en Suiza, que al retornar a España le sorprendía que los telediarios abriesen en el 99% de los casos con noticias políticas, cosa que allí no ocurría. El fracaso de los medios está en otorgar un protagonismo desmesurado a la política.

4 Joder con Manoliño

Joder Manoliño, non che interesa a política e pasas o día escribindo no GC que só fala de política. Por certo, o do pai de Mari Luz Cortes non é unha noticia de interese por ser de etnia xitana (linguaxe políticamente correcta) senon porque o PP nombrou asesor de Xustiza. Cousas da política. Por certo, para ser CM de dereita ou do PP, debes empregar mellores argumentos, que xeras moita xenreira.

5 Manoliño

Ti o dis: non me interesa a política. Por iso paso o rato vendo como vos saídes de fora de cristiáns en GC que non é un blog que teña unha audiencia como a web da Voz ¿ou si?

6 Alfa

Manoliño, toda la razón. Todo es criticable, es cierto que hay medios que quizás fían en exceso su trabajo a temas sensacionalistas, pero no se puede escapar a lo que quiere la gente, porque si no les das lo que quieres... y en lo de los fanatismos que interesan a 3, al 100% de acuerdo.

35 Folerpo

Agardo non ser o único incapaz de sentirse ben por despedimentos en calquera empresa e nomeadamente nun contexto tan desalentador como o que todos os traballadores e parados temos diante nosa. Os casos do peche de Xornal de Galicia e dos despedimentos na Voz son verdadeiramente preocupantes tanto para a diversidade como para o futuro do sector da prensa, ao que eu tamén pertenzo. Coido que ningún traballador "raso" da Voz se alegrará de que boten todos os que traballaban no Xornal e tampouco os traballadores do Xornal estarán felices polos despedimentos da Voz, tanto por solidariedade coma polo que isto indica das perspectivas para os uns e os outros.

1 Alfa

Á fin alguén fala claro. Noraboa, Folerpo. Coincido liña a liña. Máis que nada, porque eu tamén son do gremio e sabemos do que estamos a falar.

34 xornalista indignado

Chamádeme insolidario, se queredes, pero non podo esquecer unha frase dun amigo: "Los periodistas de La Voz de Galicia son al resto de los periodistas lo que los dependientes del Corte Inglés al resto de los empleados del comercio". Laméntoo moito máis polos profes interinos en paro ou polos asistentes sociais que Feijóo está deixando na rúa. Eles só facían o ben, e por desgracia o xornalismo da Voz non facía ben a ninguén. É como se lamento que peche unha fábrica de armas.

1 Alfa

É indignante que se xeneralice deste xeito. Sigo sin entendelo. Non podo crer que haxa quen se alede da desgraza allea. Esa frase que vai entre aspas destila tanto tópico que cheira de lonxe.

2 Ameneiro

Se eu fose un "traballador" da Voz, preguntariame moi seriamente porque en vez dunha vaga de solidariedade teño o tipo de respostas que está habendo. Ao mellor é que non fixechedes as cousas ben ou que non as soubechedes transmitir, e traballando nun medio de comunicación, tería coña o voso.

3 laura

Ameneiro, se pensas que na voz os traballadores teñen plena liberdade para comunicar, es un inxenuo! E xornalista indignado, como El Corte Inglés, está Zara, Bershka, Pull and Bear, Cortefiel, Women´s Secret, Gadis, Alcampo, Decathlon... sigo? Todos encantados de montar unha tendiña de comercio xusto, pero están os poderes políticos nesa liña ou só priman os intereses das grandes empresas? teño diñeiro eu para montar un negocio? e o que é moi importante... está a xente concienciada e vai vir comprarme o produto local, ecolóxico, na miña tenda onde todo está en galego sen importarlle que aos produtos sexan máis caros e eu non poda abrir de 9 a 21h como o supermercado da esquina? Claro, claro... eu tamén creo nun mundo mellor pero un pouco de respecto á clase traballadora, por favor.

4 xornalista indignado

Creo que é fácil de entender o comentario. Os periodistas de La Voz se consideran dunha clase superior ao resto dos periodistas, ao igual que os dependientes de El Corte Inglés se consideran mellores que o resto. Pero mira, ti solidarízate todo o que queiras, como se os chamas un a un para explicarlles a túa preocupación. Simplemente, entende que ese medio de comunicación lle leva facendo a puñeta a moita xente durante moitos anos e agora estas persoas estean lexitimamente felices de que a Corporación Voz de Galicia as pase putas.

5 laura

Estudos sociolóxicos establecen que "os dependentes de El Corte inglés se consideran mellores que o resto" Ante tal afirmación ríndome, non teño argumentos O_o

6 Alfa

Aquí hai demasiada xente que opina sen falar. Hai quen di que "me dixeron que os da Voz". Coñeces a alguén da Voz? Eu a medio plantel. E galos hainos en todos os currais, é absurdo.

7 Ego sum

Eu coñezos, traballei con eles e para eles. É verdade e certo, desprecian os demais continuamente e na súa maioría son fanáticos do fascismo españolista!!!