La Voz só garante o 75% do emprego existente

O pasado domingo os traballadores de La Voz, reunidos en asemblea, votaron en contra do plan de viabilidade da empresa. O ultimátum remataba este martes.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 21/09/2011 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Máis de 150 traballadores acudiron o pasado domingo ao Hotel Compostela, en Santiago de Compostela, convocados polo Comité Intercentros. O asunto era moi grave como para que fora decidido en asembleas locais.

E é que a empresa lanzou o pasado mércores un ultimátum de cara a mellorar a situación económica da empresa. O director xeral, acompañado dunha importante representación da empresa, reuníronse co comité para anunciar que "non se garantiza" a "viabilidade" de La Voz de Galicia nas actuais circunstancias de crise económica, "a peor da historia", segundo recoñeceu esta delegación da empresa.

Por iso, propuxo aforrar catro millóns de euros na partida de persoal. Este aforro, segundo a dirección, podería reducir o proceso de perdas nos que entrou a empresa nos últimos meses.  

None

O plan

O plan de aforro de La Voz de Galicia pasa por:
- Prorrogar o acordo de minorización salarial do 3% durante os anos 2012, 13 e 14. Precisamente, no Nadal caduca o acordo o que chegou o comité hai dous anos e tería que ser restituído nesas data.
- Garantir só o 75% do emprego existente.
- Negociar un novo marco laboral que derogase o actual convenio. O novo marco sería, segundo a empresa, sobre os seguintes parámetros: mobilidade xeográfica e funcional, novos grupos profesionais, xubilación obrigatoria aos 65 anos, todas as tarefas do persoal serían para todos os procesos produtivos da empresa e a xornada laboral de sete días.

Una proposta que os representantes dos traballadores consideraron prácticamente inaceptable. Por iso foi sometida a votación na asemblea do pasado domingo obtendo a práctica unanimidade dos votos en contra e tan só unha abstención.

Panorama incerto

O panorama que agora se abre no maior medio de Galicia é incerto xa que en Nadal caduca a moratoria que aprobaran traballadores e empresa para despedir a traballadores e modificar o convenio de empresa tras o acordo ao que chegaron de reducir o salario nun 3,5%. Por iso, as fontes consultadas, non descartan que a empresa realice despidos indiscriminados a partir de entón. A empresa podería despedir a tandadas de 30 traballadores, o límite para que sexa considerado un ERE.

Unha das primeiras propostas que presentou a empresa recollía o despido de entre 45 e 72 persoas dos case 500 que traballan no xornal La Voz de Galicia e en Corporación Voz, o ente no que están a maior parte dos directivos e que presta servizos a todo o grupo. Sen embargo, ese número ascende, agora a máis de 100 persoas. Esta é a primeira vez que se realiza unha medida tan drástica no Grupo Voz que, ademais do xornal, ten unha radio (Radio Voz) e unha televisión (Voz TV).

Por iso, e ante o que se aveciña, non se descartan novas convocatorias de protestas, como a que hai uns meses protagonizaron máis de 30 traballadores diante do edificio de La Voz en Sabón. Sen embargo, as protestas futuras prevense máis numerosas e poderían paralizar o funcionamento do xornal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 167 comentarios

33 PP2011

Mientras Santiago Rey no eche a Vilela, La Voz estará cada vez más jodida. Vilela está desaparecido para los que no son sus amiguitos, putea a los que no le hacen la pelota y tiene a la redacción desmotivada. Si sigue Vilela y sus amiguitos el periódico seguirá siendo un panfleto, cada vez se venderá menos y habrá que echar a más.

1 Walton

Se é así: Long life Vilela!

2 artur

Que viva vilela!!!!. Mentres Feixoo non peche a billa das axudas- el que non influe na desaparición dos xornais -non haberá problema.....

32 raul

mañá seica van quitar unha noticia da corrupción do pp para que lles dea máis subvencións¡¡¡¡¡ e en portada¡¡¡ jajajaja¡¡¡¡

31 Muros

Muit@s dos rapaces recem licenciados estam no paro ou/e brutalmente precarizad@s.Concordo que nom se debe botar mais lenha ao lume e a chamada de GC e sensata e é o que debe primar ,mas eu tenho visto amig@s meus precarizad@s e pasandoo mui mal(fame falando em plata)por manter a dignidade ou nom ter patrom a quem vender-se...esto foi entre os jornalistas ou noutros oficios.Eu mismo se nom tivera colhido a tenda familiar com a minha curmam.Agora ha gente que sempre se plegou os designios ou colaborou ativamente com os que mandabam...o noso deber ético e moral é nom deija-los tirados;Mas olho e nom esquezamos que esta gente nom fijo nada por nos ou se alegrava da nosa fame.Por desgraça gente así existe em todas partes.Som bufons e alguns deles quero confiar no SER HUMANO recuperaveis. Os que mandam nos cartos e os seus mig@s ospolíticos profesionais a eses LUMEEEEEEEEEEEE!!!!!

30 Alfa

Varias cousas. Primeiro: o do BoiCoz e A Coz da Galiza xa farta. Procuremos chistes novos, por favor. Sen acritude. Non estamos a falar nin de subvencións nin de exemplares vendidos. Estamos a falar dun medio que xa quere botar á rúa case ao dobre de xente do que dixo nos últimos meses malia que a súa situación económica non é tan difícil como aseguran. O que queren é botar lastre e tirar mellor cara adiante con todo o morro, tendo en conta que o patrón tivo como caprichos mercar unha imprenta nova e aventurarse con escaso éxito no eido televisivo. Ah, subvencións: tamén as teñen outros moitos medios que non venden nin a metade, así que poñamos todas as cartas enriba da mesa.

1 Alfa

Non comprendo que ninguén no seu san xuízo poida aledarse de despedimentos en ningures, aínda que ese medio non concorde co seu pensamento particular. Porque, detrás dese xornal que todos ven como responsable da morte de Manolete, están case que 500 persoas que teñen que dar de comer ás súas familias a diario. Eles traballan e contan verdades. Se algo non gusta, non será por culpa deles, senón dos seus xefes.

2 Alfa

Faime moita graza tanta crítica, porque moitas persoas de recoñecido prestixio e relevantes cargos vencellados á esquerda son os primeiros en axeonllarse, pedir agarimo á Voz e… investir diñeiro público cando catan poder. Moito criticar, pero, mal que lles pese a algúns, é o xornal que a xente segue a mercar, a coller no bar e a ler na casa. Sobre todo, en determinados lugares de Galicia, claro está, por riba doutros.

3 Alfa

¿Adquisición? Iso é unha parvada que introduce desde fóra alguén que traballou na empresa para intoxicar. Quen sabe no futuro, pero a día de hoxe nada de nada. ¿Defensa do galego? Ah, pero… hai algún medio que aposte realmente polo galego? É verdade, La Voz é a culpable de todo.

4 Lucense

"Eles traballan e contan verdades. Se algo non gusta, non será por culpa deles, senón dos seus xefes". Reconheço que hai algo que se me escapa, sobretodo no de que contam verdades. Mas será que nom tenho entendimento para mais.

5 Alfa

“Terán o consolo de non pertencer a unha empresa vergonzosa e manipuladora como poucas. Non hai mal que por ben non veña”. Habería de estar no paro o que escribe isto e saber o que supón.

6 Walton

Non hai problema, o destinatario das súas louvanzas vailles amañar o seu futuro profesional en 45 días, como prometeu na campaña electoral e como fixo con todos os desempregados desde que nos goberna.

7 Brown

Se é o xornal que a xente merca tanto, a que veñen estes depedimentos?

8 Alfa

As novas que, supostamente, non saen na Voz tampouco son culpa dos redactores, que van ser os que paguen os pratos rotos. De novo. Iso débese aos xefes. A ver se aprendemos dunha vez.

9 Alfa

Todos precisamos moitos medios. Cantos máis, mellor. A ninguén lle obrigan a mercar La Voz. Se non che gusta, aforras 1,10 euros. E punto. Non poñen un coitelo para que a leamos. Cada medio ten a súa liña editorial. O único que podería ser criticable son os apoios públicos, pero cada patrón manexa a súa nave como lle peta, que é unha empresa privada.

10 Lucense

Bom, se recebe (fabulosas) quantidades de dinheiro público, já nom estariamos a falar de uma empresa privada. Ou é que agora o neoultraliberalismo, esse que nom quere ajudas públicas para nada,e que di que hai que privatizar o ensino ou a sanidade,...também caiu do cavalo caminho de Damasco e está a favor das ajudas públicas? E se as recebe, todos deveriamos saber a câmbio de que. (Na verdade, todos sabemos a câmbio de que, verdade dom Santi?)

11 Alfa

Derradeiro: o dos sindicatos ten tela. Ningún sindicato defendeu nunca como debera aos xornalistas de ningún medio. Iso obriga a crear sindicatos do gremio que, ata o de agora, deféndense con torpeza pola falla de experiencia.

12 Alfa

Derradeiro: o dos sindicatos ten tela. Ningún sindicato defendeu nunca como debera aos xornalistas de ningún medio. Iso obriga a crear sindicatos do gremio que, ata o de agora, deféndense con torpeza pola falla de experiencia.

13 coruñés

Menos mal que era o derradeiro¡¡¡. Nótase que eres redactor da Coz Alfa todo o espazo para tí e nada para os demáis. A Coz impórtanos a todos porque TODOS os galegos gastamos os nosos cartos en manter a lacoz. Con Feijoo máis de 2000 millóns en 2 anos e medio, máis cartos que todas as axudas ó libro galego nos últimos 10 anos. Lamento que non che guste que lle chamemos lacoz, desgrazadamente non somos os únicos, tamén o usa a xente da rúa. Lamentarei que despidan a un repartidor, celador, pinche, ... pero a un redactor da voz non, síntoo. Un redactor que permite enfoques de novas en Galicia como leva facendo lacoz nos últimos anos non merece nin formar parte do colexio de xornalistas. Se os mandilóns das galescolas foron mandilóns marxistas-leninistas identitarios para estigmatizar ós nenos o redactor que tolera tamaña manipulación debería dimitir por dignidade.

14 coruñés

Os redactores que informaron do concurso eólico do bipartito sen dicir que era o PRIMEIRO concurso da historia de Galicia e que todos os megawatios anteriores foran dados a dedo tamén deberían irse por dignidade. Os que non solicitaron que os fallos dos tribunais dándolle a razón ó bipartito e declarándoo legal era unha NOTICIA para publicar no medio deberían dimitir por dignidade.

15 coruñés

Os redactores que buscaron por toda GAlicia a nenos pendentes de recibir axudas da dependencia (las ayudas del señor Quintana) e sacaron as súas fotos en portada en plena campaña das autonómicas deberían continuar facendo o mesmo agora, ou preguntar porqué agora xa non é noticia se hai menos axudas que nunca, e cando lle digan porqué DIMITIR POR DIGNIDADE¡¡¡.

16 coruñés

Os redactores que na campaña do 1M nunha reunión sectorial dun partido político pactada cunha asociación de xubilados interpretan que 10 señores que saen da reunión porque non foron informados dela e non lles interesa foi un "secuestro de ancianos para un mitin del señor quintana" deberían dimitir por DIGNIDADE do xornalismo, e o redactor-xefe ser despedido se lacoz fose un medio de comunicación e non de manipulación.

17 Lucense

E os que apresentarom como actual uma famosa fotografia de Quintana num iate, fotografia que datava de vários anos atrás?

18 coruñés

Os redactores que non encontraron nada en contra da xestión de paco vázquez cando os demáis media publicaron novas sobre a súa implicación en parkins na cidade, corrupción urbanística, intereses en minicentrais...ou a encontraron e se lles dixo que non era NOTICIA e que só ían publicar unha entrevista con don paco para que se explicase, deberían DIMITIR POR DIGNIDADE¡¡¡

19 rover

home coruñes, o das mentiras e falsedades do primeiro concurso eólico do bipartito e un ta MAR. Miguel Angel Rodriguez, e aínda segue traballando nese panfleto e tamen no panfleto voztv e tampouco está na cadea por manipulador e mentireiro....

20 coruñés

OS redactores que non publicaron os datos da GURTEl en GAlicia coas conexións de FEijoo ou NEgreira, coas empresas que chuparon o 10% de todos os patrocinios públicos dos xacobeos formadas por membros do PP. OS xornalistas que non entenderon iso como NOTICIA, ou o entenderon e lles dixeron que non ía saír nese medio deberían DIMITIR POR DIGNIDADE.

21 rover

a campaña terrorista contra o concurso eólico e a sua derogación para darllo os seus amigos pepeiros custounos ós galegos máis de mil millóns de euros e é unha eiva da que nunca nos recuperaremos nin as empressas galegas que recibiron as concesións nin a tecnoloxía que perdemos e o atraso o que nos conduce coma historicamente, que veñan as empresas de fora expoliar os nosos recursos coa complicidade e colaboración dos antigallagos de la coz, que sempre foron e van contra os interes de galicia

22 Walton

A ninguén lle obrigarán a mercar ese diario infame, pero si nos obrigan a pagalo ben pago, polo menos nunha parte importante.

23 Coronado

A ver oh. A serie "Periodistas" fixo moito dano. Os xornalistas non deciden que temas trata o periódico. Decídeno os directores e jefes. Tamén deciden quen fai que e que enfoque lle dá. É tan complicado de entender?

24 Alfa

Coronado, seica a xente non remata de comprendelo. E mira que é doado. Pero é a mesma xente que critica a algúns medios porque non poñen o que lles gustaría ler e aplaude a quen fai... aínda que só o faga porque teña que encher páxinas e non por verdadeiro afán de tratar ese tema.

25 Beta

Dende logo, os mellores lectores da Voz son os críticos. Vaia análises! Len ata a última letra do xornal, sábeno todo! En fin. A gran maioría da xente que le a Voz non ten nin idea do que é un concurso eólico. É xente que quere saber o que pasa en Galicia e no mundo e punto. Non son fundamentalistas da UPG. Son os centos de miles que cada día o len e o compran, e que incluso ven como a xente que fala en galego aparece no xornal con todas as súas verbas en galego. Ningún outro xornal o fai.

26 gamma

Precisamente esa boa xente que quere saber o que pasa en Galicia e punto, pensaba inocente, que o que pasaba en GAlicia era o que poñía a coz de Galicia. Unha cousa son as noticias, e outra as verdades, que diría Wyoming. Os lectores críticos son precisamente os que fan falla nunha sociedade, todos eses lectores xa non cren na Coz de GAlicia.

27 Lucense

O que é doado de compreender é que este meio recebe dinheiro público a esgalha: nom o compro mas pago-o igual. Qual a razom? E o Santiago Rey, hai pouco, tem ainda a retranquinha de dizer que ele gostaria de renunciar a esse maná. Algo no qual nom acredita nem ele.

28 coruñés

A xente, Beta, non son imbéciles que non saben nada e le a coz e punto. Esa é a soberbia da coz. A xente normal lenos e interpreta como verdades as nosas manipulacións. Moita xente normal non entendeu tanta saña co concurso eólico cando antes simplemente non había concurso e se daba a dedo a Fenosa e Iberdrola. Morreredes, despediránvos e seguides crendo que as vosas noticias eran as verdades que precisaba a xente "normal". Uff...así vos vai...

29 alfa e omega

Precisamente que a gran maioría da xente non teña un pensamento crítico é a base do cuarto poder. Como pensar é un coñazo mellor digo, creo e repito o que dí este xornal de referencia. Beta define a base da manipulación xornalística. A verdade é o que eu digo e espallo, pois a gran maioría da xente non ten nin idea...

30 coruñés

Beta a túa análise confirma o que eu digo. A gran maioría da xente non critica o que le e considerao verdade. Se non fose así e todos fosen críticos non habería manipulación. Mais , como tí ben sabes, a xente "normal" cre desgraciadamente que o publicado nun medio é verdade sen precisar criticalo ou contrastalo por outra fonte. E máis no caso dun medio de referencia como foi e esta deixando de ser lacozdegalicia. Hai un blog que día a día contrasta a información de lacoz, ningún lector dese blog non-oligofrénico pode afirmar que o que dí ese blog é mentira. Pode alguén poñer o enlace, please?

31 Lucense

Coruñés: será esta a ligaçom?: http://xmeyre.blogaliza.org/2011/09...

29 tino

la coz antigallega, tambien conocida como panfleto del pp, lleva cien años de desinformación, de manipulación, de mentiras, de antigalleguismo y ademas recibiendo íngentes cantidades de millones de subvenciones de sus amigos peperos, para que los gallegos sigamos dóciles y atrasados que es lo mejor para ellos.