La Voz só garante o 75% do emprego existente

O pasado domingo os traballadores de La Voz, reunidos en asemblea, votaron en contra do plan de viabilidade da empresa. O ultimátum remataba este martes.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 21/09/2011 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Máis de 150 traballadores acudiron o pasado domingo ao Hotel Compostela, en Santiago de Compostela, convocados polo Comité Intercentros. O asunto era moi grave como para que fora decidido en asembleas locais.

E é que a empresa lanzou o pasado mércores un ultimátum de cara a mellorar a situación económica da empresa. O director xeral, acompañado dunha importante representación da empresa, reuníronse co comité para anunciar que "non se garantiza" a "viabilidade" de La Voz de Galicia nas actuais circunstancias de crise económica, "a peor da historia", segundo recoñeceu esta delegación da empresa.

Por iso, propuxo aforrar catro millóns de euros na partida de persoal. Este aforro, segundo a dirección, podería reducir o proceso de perdas nos que entrou a empresa nos últimos meses.  

None

O plan

O plan de aforro de La Voz de Galicia pasa por:
- Prorrogar o acordo de minorización salarial do 3% durante os anos 2012, 13 e 14. Precisamente, no Nadal caduca o acordo o que chegou o comité hai dous anos e tería que ser restituído nesas data.
- Garantir só o 75% do emprego existente.
- Negociar un novo marco laboral que derogase o actual convenio. O novo marco sería, segundo a empresa, sobre os seguintes parámetros: mobilidade xeográfica e funcional, novos grupos profesionais, xubilación obrigatoria aos 65 anos, todas as tarefas do persoal serían para todos os procesos produtivos da empresa e a xornada laboral de sete días.

Una proposta que os representantes dos traballadores consideraron prácticamente inaceptable. Por iso foi sometida a votación na asemblea do pasado domingo obtendo a práctica unanimidade dos votos en contra e tan só unha abstención.

Panorama incerto

O panorama que agora se abre no maior medio de Galicia é incerto xa que en Nadal caduca a moratoria que aprobaran traballadores e empresa para despedir a traballadores e modificar o convenio de empresa tras o acordo ao que chegaron de reducir o salario nun 3,5%. Por iso, as fontes consultadas, non descartan que a empresa realice despidos indiscriminados a partir de entón. A empresa podería despedir a tandadas de 30 traballadores, o límite para que sexa considerado un ERE.

Unha das primeiras propostas que presentou a empresa recollía o despido de entre 45 e 72 persoas dos case 500 que traballan no xornal La Voz de Galicia e en Corporación Voz, o ente no que están a maior parte dos directivos e que presta servizos a todo o grupo. Sen embargo, ese número ascende, agora a máis de 100 persoas. Esta é a primeira vez que se realiza unha medida tan drástica no Grupo Voz que, ademais do xornal, ten unha radio (Radio Voz) e unha televisión (Voz TV).

Por iso, e ante o que se aveciña, non se descartan novas convocatorias de protestas, como a que hai uns meses protagonizaron máis de 30 traballadores diante do edificio de La Voz en Sabón. Sen embargo, as protestas futuras prevense máis numerosas e poderían paralizar o funcionamento do xornal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 167 comentarios

28 Walton

Ogallá desapareza pronto ese PPanfleto noxento. Ademais así, Feijóo podería presumir de máis austeridade ao aforrar os chorros de pasta que non deixan de fluír cara ás incolmables arcas do patroncito.

27 Bruar

Preguntiña: Van chimpar a Blanco Baldes e toda e toda a troupe que nos refregan nos fuciños o listismos que son e o ben que se lles dou a campaña a favor do PP especialmente nas últimas eleccións galegas. Síntoo polos empregados (currantes) de La Voz, pero levo máis de 1000 dias sin mercar ese medio que considero tóxico, a así seguirei. Roma non pagaba a traidores e eu tampouco. Demasiados millóns de € dos nosos impostos para ese lobby que non lle dou a mínima oportunidade para o turno PP vs PSOE+BNG. Si La Voz quere que TODOS os galegos os consideremos referencia informativa que teñan a decencia de mostrar independencia e criterio e aí incluo expresamente declaracións de S.R.F. La Torre e B.Baldes. Todo o demáis non me sirve, prefiro non mercar ou mercar El País, como levo facendo dende a desparación de Galicia Hoxe e Xornal.

1 Lucense

E recordas a um que opinava sob o pomposo nome de "O VIGIA DE HERBEIRA"? Ou a um que era catedrático em Paris e que fijo uma classificaçom das línguas na que o galego aparecia em 2ª B ou 3ª? Ou ao vergonhento Carlos Rodríguez, nos 80, chamando ao BNG "herribatasuneros de pacotilla"? Por nom falar de uma colaboradora histórica, Cristina Amenedo, recentemente falecida ( http://www.manosunidas.org/NOTICIAS...) autora de uma das colaborações mais infamantes contra a língua galeda saída de qualquer cérebro, lá nos anos 60?

2 Lucense

Por certo, aqui tens o que escrevia Madama Amenedo (Abedulera, seria melhor?) sobre a necessária e urgente espanholizaçom da Galiza. Acho que seguiu escrevendo dislates até o fim dos seus sisudos dias: http://geneura.ugr.es/~jmerelo/atal...

3 Bruar

A min o catedrático en París lémbrame tamén ao Calaza. Sobrado e presumindo de manga até o cóbado e forniculture anarcotizante. Como poidemos aturar tantos anos esa merdiña? e ainda así mercabámolo porque era "galego", pero as pantomimas e subterfuxios acabaránrose. Houbo que escribir e redireccionar os escritos deses opinadores a outros media para que os apartaran definitamente. Agora quédamos o catedrático que opina sobrado, como a orquestra do Titanic ou o lúcido boss que nos deleita cada semestre cun panfleto de tirar balóns fóra para criticar a todos menos facer unha mínima autoanálise. Nin un peso máis.

4 Lucense

Calaza, era esse mesmo, nem lembrava o nome apesar de que naqueles dias, para mim mentalmente era Canalhaza.

5 Antón

O País e un submarino dereitista que calou nos pixos progres e que fixo grandes males na esquerda progresista. Ben que se codea o Cebrian co grupo Bildeberg e cos fascistas golpistas de latinoamerica. Da noxo últimamente pedindo a acelereción dos recurtes sociais. Público ou Diagonal son medios amarelos pero con boas plumas o que os fai un pouco mais decentes.

26 Ledicia!

Moi boa nova!

25 Que se fastidien

Ao paro cos lacaios de Santi Rey, á rua con eles!

24 autocrítica

Os xornalistas galegos demostraron historicamente a súa mansedume fronte ao poder político, mediático, económico e social. Cando lles tocou (ou lles toca como agora) loitar para mellorar as súas condicións laborais tampouco deron (nin dan) sinais de rebeldía, salvo contadas excepcións. Iso si, fundamos sindicatos corporativistas porque somos moi guais e non vaia ser que nos confundan coa clase traballadora...

1 Antón

Totalmente de acordo nin siquera nunca ousaron criticar ese sistema que agora lles fustiga.

2 laura

creo que o que dis é moi extrapolable a calquera sector económico da nosa sociedade, non? máis xente que os xornalistas traballamos para empresas contaminantes, explotadoras, caciquiles, que explotan a traballadores en países en desenvolvemento.. etc etc etc Cantos se rebelan do poder??? Non vaiamos agora cebarnos cos traballadores de La Voz, non?

3 laura

E estou de acordo co que dis, pero agora penso que hai que mostrar certa solidaridade cos traballadores que van ficar sen emprego. Creo que o principal agora é pedir responsabilidade a unha empresa que viviu moitos anos de diñeiro público, e agora, á minima crise, bota á rúa ao 25% dos seus traballadores.

4 labañou

Non son traballadores, son zugadores do poder. Os que temos enviado cartas pedido que rectifiquen determinadas informacións, alterando mesmo comunicados de prensa remitidos (pois contrastar a información é o seu deber, pero aquí falamos de notas enviadas e alteradas até aparcecer o contrario do enviado), recibimos dúas respostas: silencio e risiñas. Pois agora tócalles aos zugadores, pola miña banda o pago serán grandes risas en alta voz.

5 criticoaautocritica

Non se pode xeralizar. Hai quen se defendou coa axuda da CIG e do SXG e se marchou a casa sacando máis cartos ao construtor/patrón e coa cabeza alta. http://www.galizacig.com/avantar/fi... E si, tamén hai quen agachou as orellas e marchou para casa sen un peso e humillado. Aí coincido que a responsabilidade e dos que se creen tan importantes como médicos e cobran como señoras da limpeza.