La Voz só garante o 75% do emprego existente

O pasado domingo os traballadores de La Voz, reunidos en asemblea, votaron en contra do plan de viabilidade da empresa. O ultimátum remataba este martes.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 21/09/2011 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Máis de 150 traballadores acudiron o pasado domingo ao Hotel Compostela, en Santiago de Compostela, convocados polo Comité Intercentros. O asunto era moi grave como para que fora decidido en asembleas locais.

E é que a empresa lanzou o pasado mércores un ultimátum de cara a mellorar a situación económica da empresa. O director xeral, acompañado dunha importante representación da empresa, reuníronse co comité para anunciar que "non se garantiza" a "viabilidade" de La Voz de Galicia nas actuais circunstancias de crise económica, "a peor da historia", segundo recoñeceu esta delegación da empresa.

Por iso, propuxo aforrar catro millóns de euros na partida de persoal. Este aforro, segundo a dirección, podería reducir o proceso de perdas nos que entrou a empresa nos últimos meses.  

None

O plan

O plan de aforro de La Voz de Galicia pasa por:
- Prorrogar o acordo de minorización salarial do 3% durante os anos 2012, 13 e 14. Precisamente, no Nadal caduca o acordo o que chegou o comité hai dous anos e tería que ser restituído nesas data.
- Garantir só o 75% do emprego existente.
- Negociar un novo marco laboral que derogase o actual convenio. O novo marco sería, segundo a empresa, sobre os seguintes parámetros: mobilidade xeográfica e funcional, novos grupos profesionais, xubilación obrigatoria aos 65 anos, todas as tarefas do persoal serían para todos os procesos produtivos da empresa e a xornada laboral de sete días.

Una proposta que os representantes dos traballadores consideraron prácticamente inaceptable. Por iso foi sometida a votación na asemblea do pasado domingo obtendo a práctica unanimidade dos votos en contra e tan só unha abstención.

Panorama incerto

O panorama que agora se abre no maior medio de Galicia é incerto xa que en Nadal caduca a moratoria que aprobaran traballadores e empresa para despedir a traballadores e modificar o convenio de empresa tras o acordo ao que chegaron de reducir o salario nun 3,5%. Por iso, as fontes consultadas, non descartan que a empresa realice despidos indiscriminados a partir de entón. A empresa podería despedir a tandadas de 30 traballadores, o límite para que sexa considerado un ERE.

Unha das primeiras propostas que presentou a empresa recollía o despido de entre 45 e 72 persoas dos case 500 que traballan no xornal La Voz de Galicia e en Corporación Voz, o ente no que están a maior parte dos directivos e que presta servizos a todo o grupo. Sen embargo, ese número ascende, agora a máis de 100 persoas. Esta é a primeira vez que se realiza unha medida tan drástica no Grupo Voz que, ademais do xornal, ten unha radio (Radio Voz) e unha televisión (Voz TV).

Por iso, e ante o que se aveciña, non se descartan novas convocatorias de protestas, como a que hai uns meses protagonizaron máis de 30 traballadores diante do edificio de La Voz en Sabón. Sen embargo, as protestas futuras prevense máis numerosas e poderían paralizar o funcionamento do xornal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 167 comentarios

23 anita

A algunos comentaristas habría que darles una patada en la boca. Todo mi apoyo para los compañeros de La Voz de Galicia. Esta sangría en el sector es impresentable. Pronto nos quedaremos sin periodistas ni medios que informen

1 ruhf

É que non informan, desinforman.

2 Lucense

"...sin periodistas ni medios que informen", A verdade é que o que é informar...di-me algum que o faga sem sair-se da obediência devida aos que tenhem a tijola pola asa. Ou perguntemo-nos: se isso chegar a ocorrer, quais terám sido as razões? Serám esses "periodistas y medios" que hoje se lamentam inocentes de tal desastre?

3 laura

Estou de acordo con Anita no senso de pedir apoio aos traballadores de La Voz. Non me gusta ese xornal, pero hai que ter respecto e eu, persoalmente, lamento moito que perdan o seu emprego. Cando as cousas van mal, á rúa! Dá igual os millóns en subvencións que ten levado este xornal ao longo de tantos anos de "liderazgo"

4 Roi

xa hai ben tempo que nos quedamos sen medios que informen (hai xornalistas neles??).

22 PAXINAS DE CONTACTO

La Voz de Castela, ten que fechar, de unha p.vez. Pouco a pouco, estamos facendo entre todos nos. Quedara como xornai da comarca de A Coruña e nada mais. E con sorte, si as vindeiras eleccions non Gaña os PPodres na Galiza. que os seus traballadores vaian botando olladas nas paxinas de emprego, e si non que fagam como os Manolos, e demais Facherio, botar olladas as paxinas de contactos.

21 Galicia Confidencial

Pedímoslle a algúns dos usuarios que respecten ao conxunto dos traballadores de La Voz de Galicia que, coma moitos de nós, están pasando por situacións difíciles. Hai que saber distinguir entre o traballador e o medio, o lugar ou o empresario para o que traballa Un saúdo

1 coruñés

Síntoo GC, eu alégrome dos despidos. Do mesmo xeito que moita xente de dereitas se alegra dos despidos de ANT ou Xornal. Non é nada persoal, síntoo así. E os sentimentos non se poden controlar.

2 laura

Pois que ben, coruñés, que te poñas ao seu nível! parabéns... :(

3 Lucense

Os sentimentos som, certamente, muito difíceis de controlar. E mais quando falamos de um meio que com o dinheiro público serviu descaradamente ao poder, atacou vergonhosamente à nossa Língua, tergiversou tantas vezes a realidade...nem sequer a nível sindical vim que denunciassem alguma vez esse estado de cousas (polo menos que eu saiba). Daquela fai-se mais difícil diferenciar trabalhador e meio.

4 leitor

Eu sintoo moito, pero o feito de ser un membro da clase traballadora non pode servir para exculpar a ninguén das faltas morais que cometa. Son moitos os xornalistas que se buscan as lentellas facendo XORNALISMO, tendo que sufrir as consecuencias económicas dos que utilizan o título académico para lixar e ultraxar unha profesión da que depende a liberdade nunha sociedade. E son moitas as editoras INDEPENDENTES que fan xornalismo DE VERDADE, con independencia e con rigor, e asegúroche que os traballadores desas iniciativas sufren os mesmos problemas económicos. Así que solidarizome cos proxectos XORNALISTICOS, pero cos proxectos PROPAGANDISTICOS, non, canto antes caian mellor para todos e tamén para os xornalistas, que non terán que humillarse vendendo a súa dignidade por un plato de lentellas para que determinados oligarcas manipulen ao seu antollo.

20 Jara

Muy triste el desprecio de muchos comentaristas aquí hacia una plantilla que lo está pasando realmente mal...

1 Lucense

Pois ao longo dos anos nom é que esse jornal "prezasse" muito que digamos valores que nom sejam lamber-lhe aquela parte aos que tenhem o poder. Nom lembras nenguma das suas antológicas manipulações, silêncios e campanhas mediáticas, por exemplo contra o nome GALIZA na vestimenta da "selección galega" ou no nome das Conselharias? E toda o seu servilismo para com o PP? Talvez alguns começam agora a recolher a sua sementeira, embora seria muito estranho que "el niño de los peares" nom acuda ao resgate.

2 FACHERIO

Estamos esperando a solidaridade cos heróes que traballan e traballaron contra as tempestades dos Castelan, facendolo en Galego. Xamis fixeron nada, nadiña, nada, o facherio xornalistico Galego

19 Cobillón

E postos a falar, por que non comentar a grande cantidade de diarios que La Voz de Galicia agasalla aos centros escolares todos os días? Sei de centros que reciben cada día máis de cen xornais (La Voz) para dar entre os alumnos. Quen os paga? Con que intención se fai iso? Este curso non hai cartos para nada, pero os colexios ben que seguen a recibir La Voz.

1 Lucense

Sei de um onde se recebem mais dos que alunos hai; ficam no corredor acima de uma mesa os sobrantes e cada 2-3 dias a levá-los à reciclagem, decerto o melhor de todos os destinos e utilidades que pode ter. Na época torito-quintanesca passava exactamente igual.É contraditório receber um jornal com anúncios e imagens de prostituiçom com qualquer ideário educativo de qualquer centro, mas que lhe queres? LA VOZ sobrevive mercê a essas duas prostituições: a institucional e a outra.

2 Cobillón

Seino, pero por que isto non se denuncia?

3 Lucense

O tema de enviar esses anúncios a um centro educativo ante a justiça ordinária? Teria alguma possibilidade de triunfar? Quanto tempo tardaria? E, sobretodo, quem deveria de o fazer? Os professores? Os pais? Isso seria mais factível via sindicatos, mas além das típicas "lamentações da taberna" tampouco se foi muito além.

4 Cobillón

Coido que non me entededes. É certo que o tema dos anuncios de prostitución é grave, pero tamén é grave o feito de que se estean dando xornais de balde nas escolas. Quen os paga? Por que casualmennte este que ten unha determniada liña editorial? Por que non se daba o Xornal? Seguramente se se dese o Xornal agora non pecharía... En fin, para que son os cartos?