La Voz só garante o 75% do emprego existente

O pasado domingo os traballadores de La Voz, reunidos en asemblea, votaron en contra do plan de viabilidade da empresa. O ultimátum remataba este martes.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 21/09/2011 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Máis de 150 traballadores acudiron o pasado domingo ao Hotel Compostela, en Santiago de Compostela, convocados polo Comité Intercentros. O asunto era moi grave como para que fora decidido en asembleas locais.

E é que a empresa lanzou o pasado mércores un ultimátum de cara a mellorar a situación económica da empresa. O director xeral, acompañado dunha importante representación da empresa, reuníronse co comité para anunciar que "non se garantiza" a "viabilidade" de La Voz de Galicia nas actuais circunstancias de crise económica, "a peor da historia", segundo recoñeceu esta delegación da empresa.

Por iso, propuxo aforrar catro millóns de euros na partida de persoal. Este aforro, segundo a dirección, podería reducir o proceso de perdas nos que entrou a empresa nos últimos meses.  

None

O plan

O plan de aforro de La Voz de Galicia pasa por:
- Prorrogar o acordo de minorización salarial do 3% durante os anos 2012, 13 e 14. Precisamente, no Nadal caduca o acordo o que chegou o comité hai dous anos e tería que ser restituído nesas data.
- Garantir só o 75% do emprego existente.
- Negociar un novo marco laboral que derogase o actual convenio. O novo marco sería, segundo a empresa, sobre os seguintes parámetros: mobilidade xeográfica e funcional, novos grupos profesionais, xubilación obrigatoria aos 65 anos, todas as tarefas do persoal serían para todos os procesos produtivos da empresa e a xornada laboral de sete días.

Una proposta que os representantes dos traballadores consideraron prácticamente inaceptable. Por iso foi sometida a votación na asemblea do pasado domingo obtendo a práctica unanimidade dos votos en contra e tan só unha abstención.

Panorama incerto

O panorama que agora se abre no maior medio de Galicia é incerto xa que en Nadal caduca a moratoria que aprobaran traballadores e empresa para despedir a traballadores e modificar o convenio de empresa tras o acordo ao que chegaron de reducir o salario nun 3,5%. Por iso, as fontes consultadas, non descartan que a empresa realice despidos indiscriminados a partir de entón. A empresa podería despedir a tandadas de 30 traballadores, o límite para que sexa considerado un ERE.

Unha das primeiras propostas que presentou a empresa recollía o despido de entre 45 e 72 persoas dos case 500 que traballan no xornal La Voz de Galicia e en Corporación Voz, o ente no que están a maior parte dos directivos e que presta servizos a todo o grupo. Sen embargo, ese número ascende, agora a máis de 100 persoas. Esta é a primeira vez que se realiza unha medida tan drástica no Grupo Voz que, ademais do xornal, ten unha radio (Radio Voz) e unha televisión (Voz TV).

Por iso, e ante o que se aveciña, non se descartan novas convocatorias de protestas, como a que hai uns meses protagonizaron máis de 30 traballadores diante do edificio de La Voz en Sabón. Sen embargo, as protestas futuras prevense máis numerosas e poderían paralizar o funcionamento do xornal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 167 comentarios

18 Hamlet

Relacionado....Alguén sabe algo disto?: http://www.galiciadiario.com/web/fr...

17 Trauma

Polo que se ve, os traballadores da Voz teñen dúas opcións: cruzar os dedos para que non lle toque a el o despedimento ou a folga. Se ameazan con impedir a saída do xornal un par de días seguidos, xa verán como as contas que a patronal lles presenta agora mesmo cambian dun día para outro, e onde non había cartos nin para bolígrafos, acaba por suceder que non era exactemente así. Non vos deixedes eliminar un a un, nin fagades caso das contas da patronal que son mentira. Ide a folga, non vos queda outro remedio.

1 rosebud

Non hai fallo Trauma¡, se os redactores de lacoz fan folga o que ten que facer Santi Rey é publicar as notas de prensa da Xunta "ad integrum" e xa está, a imprimir a edición de hoxe¡¡. Garantízoche que non atoparás ningún cambio en Lacozdegalicia de tódolos días facendo isto. Os redactores en realidade sobran nesa empresa. Cando houbo algún artigo de investigación xornalística nese medio?, os últimos foron a crónica do porquiño Quinín, e a dun osiño que unha nena seica perdeu na zona vella.

16 Cidadán

Vieiros, A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal... Agora parece que A Voz tamén atravesa problemas serios. Á marxe da liña ideolóxica de cada medio, hai que ter claro que a mairía das empresas de comunicación van de cu. E iso é moi perigoso para a democracia. Unha sociedade sen pluralidade de medios informativos, ten un deficit democrático terrible.

15 rosebud

Se algún traballador de La Coz de Galicia lé isto aconséllolles que se movilicen xa¡¡¡. Que tal unha folga á xaponesa?, na vez de manipular que lacoz diga algunha verdade¡¡¡¡, sería revolucionario, poden imaxinar o que acontecería?, que paco vazquez se lucrou co poder por exemplo... que Carlos Negreira roubou pasta en Sada con licencias no porto, algunha fotiño de Feijoo con Crespo ese que nunca coñeceu, que se van otorgar 1000 megawatios sen concurso en decembro a Endesa, Gas Natural e Iberdrola...que un empresario coruñés dictou que Quintana estaba morto e iniciou a súa persecución mediática logo dunha conversación co "Club de Iñás".... non sei cousas así¡¡¡

1 Ex lector

Como soño grato pode ser, pero vivimos no mundo real, e iso non o veremos nin borrachos.

2 labañou

Entón non son traballadores, son lacaios do poder, e aos plumillas obedientes do seu amo que lles aproveite! Estou farto de ver como censuran e manipulan a información, tamén na sección local, para que agora sinta pena polos lamecús de La Voz.

3 carmiña

Tamén poderían dar conta de todos os notas de prensa do Ministerio do Interior que transmitiron íntegros sen contrastar nin un milímetro a información

4 lemés

Certo, no contrabando tamén se perden postos de traballo e non hai solidariedade. Non vexo a diferenza cos serviles que nos enganan para beneficiar ao señor. Ou tamén choramos polos aspirantes a enchufados que están facendo cola diante de Baltar, eles tamén queren ser traballadores!

5 rosebud

En realidade que lacoz publicase algunha verdade sucedeu unha vez na historia do medio. Foi na crise do Prestige, Santi indignado co PP (ten familia en Muxía) dou ordes de destapar o velo mediático de lacoz. E os galegos vimos a luz por primeira vez na nosa historia e actuamos en consecuencia, en 7 días fomos 300000 a manifestarnos ó Obradoiro, nós¡¡¡ que nunca nos movemos por nada. Logo voltou a auga ó seu rego e enterámonos que los del nunca máis te eran del bloque, nos robaban los donativos y nos manipulaban......Demasiado bonito que os galegos tivésemos acceso á verdade tanto tempo. A alegría na casa do pobre....

6 Hamlet

El Club de Economía de Iñás fue constituido por Caixa Galicia en el año 2000 y está presidido por el director general de Caixa Galicia, José Luis Méndez. Entre sus socios se encuentran empresarios tan relevantes como José Luis Calvo, Roberto Tojeiro, Ignacio y José María Rivera, Manuel Rodríguez, Manuel Fernández de Sousa, Julio Fernández, Manuel Gómez-Franqueira o Jesús Alonso, entre otros. El club cuenta entre sus socios de honor con personalidades como José Luis Rodriguez Zapatero, Mariano Rajoy, Antonio Rouco Varela, José María Cuevas y los tres últimos presidentes de la Xunta, Manuel Fraga Iribarne, Emilio Pérez Touriño y Alberto Núñez Feijoo. ( http://www.xornal.com/artigo/2009/0... Ver foto: http://www.xornal.com/artigo/2009/0...

14 Kiko

Vexo moi claro que a prensa en castelán tamén se afunde...

1 Manolo2

Vete al oculista

2 Rayleigh

Ay manolón...Quítalle as subvencións, os millóns de euros en publicidade chorra e demáis prebendas e a ver que pasa!

3 Manolo2

Os millóns de euros en publicidade que vienen entre otros sitios.... del BNG.

4 bouzas

Non lle entres ao racista Rayleigh, que os dous traballades para a mesma causa! E si que o BNG non escatimou propaganda con La Voz, e esta soubo recompensalo, ja, ja, ja...