O Concello de Lugo deseñará unha estratexia para o desenvolvemento da cidade implicando os axentes sociais

O urbanista Pascual Esteve dirixirá grupos de traballo que se reúnan cos diversos sectores da cidade para unha reunión de traballo o día 22 de febreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2019 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

O economista e sociólogo, Josep María Pascual Esteve director tamén de Estratexias e Calidade Urbana, será o encargado polo Concello de Lugo de liderar unha "estratexia" para o desenvolvemento da cidade, na que se pretende implicar a todos os "axentes" sociais e económicos da cidade.

A alcaldesa, Lara Méndez, comparecía en rolda de prensa para presentar esta iniciativa, destacando de Pascual Esteve que "é un dos expertos máis recoñecidos de España, de Latinoamérica e de Europa no desenvolvemento de plans estratéxicos".

Así debullaba que o tamén articulista do País, "dirixiu a planificación estratéxica e territorial de máis dun centenar de cidades medianas e pequenas, colaborador da ONU e ademais é asesor da Rede de Cidades Mediterráneas, entre outras cousas", presumía.

Pascual Esteve será o encargado de "dirixir aos grupos de traballo, que se reunirán cos actores económicos, sociais, así como os distintos partidos políticos, nunha intensa xornada de traballo que se desenvolverá o próximo día 22 (de febreiro)".

"Despois destas xornadas de traballo, imos ter un documento final que será totalmente aberto para a súa consulta e que se presentará a toda a cidadanía nunha conferencia entre o mes de marzo e abril, que sentará as bases dunha estratexia de cidade onde se poderán incluír máis suxestións, porque non vai ser un documento pechado que se poderá revisar co tempo", precisaba Méndez. Búscase unha "cidade" para o futuro, "integradora, sustentable" con actuacións en "todos os niveis, desde accesibilidade ata integración social"

Muralla de Lugo
Muralla de Lugo | Fonte: Guido Álvarez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta