Detido en Ordes por non pagar o aluguer e que levou mobiliario do piso ademais de causar danos

O valor dos mobles substraídos é de 4.500 euros ademais de non devolver dous vehículos de aluguer.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2019 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A área de Investigación da Garda Civil de Carballo (A Coruña) detivo no municipio coruñés de Ordes a un individuo que non pagou o aluguer dunha vivenda en Santa Comba, da que levou mobiliario valorado en 4.500 euros e na que causou danos.

Segundo informou o Instituto Armado, foi detido en Ordes un veciño de Coristanco (A Coruña) como presunto autor de tres delitos de estafa, tres delitos de apropiación indebida e un delito de danos, ocorridos en diferentes localidades da provincia coruñesa.

As apropiacións indebidas consistiron no aluguer de dous vehículos que non foron entregados en prazo ás súas empresas correspondentes, indicaron as mesmas fontes.

O mesmo delito tamén lle foi imputado ao detido tras non proceder aos pagos do aluguer dun piso en Santa Comba, onde subtraeu todo o mobiliario por valor de 4.500 euros e provocou numerosos danos na vivenda.

En canto aos delitos de estafa, inclúese o intento de venda dun dos vehículos alugados, a venda doutro en condicións que non se correspondían co pactado co comprador e cobrar a outro particular por unha caldeira que nunca chegou a entregar.

Garda Civil
Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta