Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 09:55
Un bólido --ou pedra cósmica-- foi avistado na tarde deste martes sobre o ceo do norte de Galicia, así como doutros puntos de Asturias, León e Cantabria.
Así o explicou, en declaracións a Europa Press, o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC), José Ángel Docobo, quen precisou que "o máis probable" é que fose "unha pedra cósmica que entrou na atmosfera".
"Observouse no norte de España: Galicia, León, Asturias e Cantabria", comentou, para engadir que estiman que "se caeu algo, caeuse no mar Cantábrico". O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC aclarou que "este tipo de fenómenos non é raro", pero, matizou, "obviamente, non ocorre todos os días".
Con todo, indicou que o avistamento se produciu sobre as 20,45 horas deste martes e foron "moitas testemuñas" os que o viron en zonas do norte de España, entre eles en puntos do norte de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.