As batidas de xabarís con arqueiros en Lugo serán "con toda seguridade", segundo a Xunta

A Conselleira de Medio Ambiente avanzou que se estudará se se "vai expandir" esta medida a outros puntos de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

As batidas de xabarís con arqueiros profesionais nos "arredores" de Lugo faranse "con toda seguridade", segundo garantiu a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quen sinalou que a Xunta verá despois se esta medida  se "vai expandir" a outros puntos de Galicia.

Xabarín
Xabarín

A preguntas dos xornalistas sobre este asunto, a titular da Consellería apuntou ao plan en desenvolvemento na cidade da Muralla, que, segundo dixo, involucra ao concello e outros colectivos. Ante os estudos que constatan "sobrepoboación" de xabarís, "prexuízos" para os gandeiros e tamén un aumento dos accidentes nos viarios galegos, Vázquez defendeu que "había que facer un plan de contención".

Tamén o xustificou aludindo á preocupación no ámbito da saúde animal e humana, en relación con enfermidades como a peste porcina, a brucelose e a tuberculose.

No centro urbano "non se poden facer batidas", apuntou a responsable de Medio Ambiente, quen asegurou que as esperas nocturnas realizaranse "con toda seguridade" debido a que os arqueiros "son profesionais".  Neste contexto, rexeitou a imposición de fronteiras aos animais e avogou por  compatibilitizar "biodiversidade" e "control" da poboación de xabarís

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta