Denuncian a "chantaxe" da empresa avícola Sada ao persoal da "falsa" cooperativa Servicarne

A CIG alerta de actuacións "irregulares" e "represalias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou as actuacións "irregulares" e as "represalias" que, ao seu xuízo, está a adoptar a empresa avícola Sada PA Castela Galicia, pertencente á multinacional Nutreco, contra os traballadores procedentes da "falsa" cooperativa Servicarne.

Grupo Sada.
Grupo Sada.

Sada, que pertence ao sector de matadoiros de aves e coellos, "está a obrigar" aos excooperativistas "que asuman unhas condicións laborais distintas ás que tiñan", como paso previo de que "sexan incorporados no seu cadro de persoal propio".

Así, segundo a CIG, Sada levou a cabo este luns a rescisión do contrato coa falsa cooperativa "sen que isto supoña asumir a totalidade do persoal que xa foi dado de alta pola Inspección de Traballo".

"Desta maneira, a empresa iniciou, sen garantías para o persoal da falsa cooperativa, un proceso de selección a través do que pretende modificar as súas condicións laborais, obrigando a estes traballadores a asumir unhas condicións distintas para acceder aos seus postos de traballo", criticou a CIG.

Neste sentido, a CIG denunciou que Sada despediu "como mínimo" a catro traballadores "que non cederon a esta chantaxe".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta