Temas: BETANZOS

Luz verde á proposta para eliminar as pintadas no león do Parque do Pasatempo

O Consello Territorial de Patrimonio da provincia coruñesa valorou a proposta para eliminar as pintadas no león colosal do xardín do Pasatempo en Betanzos (A Coruña), segundo informa a Delegación Territorial da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/02/2019 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O Consello Territorial de Patrimonio da provincia coruñesa valorou a proposta para eliminar as pintadas no león colosal do Parque do Pasatempo en Betanzos (A Coruña), segundo informa a Delegación Territorial da Xunta.

Pintadas no Pasatempo de Betanzos
Pintadas no Pasatempo de Betanzos | Fonte: @savepasatempo | Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo

Ademais, tamén informou favorablemente á urbanización de rúa Damas con "condicionantes arqueolóxicos", que deberán respectarse durante a obra, así como a restauración das cámaras da Torre de Hércules. Con todo, rexeitou a proposta de mantemento, conservación e restauración de pavimentos na rúa Pórtico de San Andrés, na Coruña.

En total, deu o visto e prace a varios proxectos e actuacións nos municipios da Coruña, Betanzos, Moeche, Noia, A Pobra do Caramiñal, Pontedeume, Rianxo, Santiago e Val do Dubra.

Así, no caso de Moeche, deuse o visto e prace a parte das obras de aforro na rede municipal de abastecemento de auga e de sanemaiento.

Mentres, en Pontedeume, deuse luz verde á actuación para a conservación do Castelo de Andrade. Mentres, en Noia valorouse positivamente a retirada da simboloxía franquista nas fontes e lavadoiros da Ponte Nafonso e a enseada da Barquiña.

Temas: BETANZOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta