Beiras honra a Xabier Arzalluz, un dos líderes cos que impulsou Galeusca

Asistirá este sábado ao seu funeral en Bilbao.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras asistirá este sábado en Bilbao ao funeral do expresidente do PNV Xabier Arzalluz, segundo informou Anova, formación na que milita Beiras.

O partido nacionalista que encabeza Antón Sánchez expresa as súas condolencias aos familiares e amigos de Xabier Arzulluz, de quen destaca o seu traballo en defensa "do dereito a decidir dos pobos" e "a liberdade das nacións sen Estado".

Beiras e Arzalluz participaron no ano 1998 no relanzamento de Galeusca, a alianza dos nacionalismos vasco, catalán e galego.

Josep A. Durán, Xabier Arzalluz, Pere Esteve y Xose Manuel Beiras asinan a Declaración de Barcelona en 1998 / http://ianasagasti.blogs.com
Josep A. Durán, Xabier Arzalluz, Pere Esteve y Xose Manuel Beiras asinan a Declaración de Barcelona en 1998 / http://ianasagasti.blogs.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Sempre pensei que Galeuscat nunca foi unha boa idea para Galicia ! Pero o malo dos enterros é que imos enterrando unha xeración de xentes que -polo que se vé- van ser insustituibles !!! Hai que ir morrendo... diciamos de Don Manuel... lembrades? Pois o malo non son os que "morren" o mal é para os que quedamos para aturar aos impresentables! https://i.gal/democracia00

1 Cirigaitas

Os Enterros teñen o seu aquel de Estupefaciente...o Arzallus dixera, cando o BNG pasara de 5 a 13 Deputados no Parlamento Galego a socorrida frase: "este Beiras está tarumba" (en traducción ceiba).