Francisco Jorquera incorpora á súa lista ao ex reitor da UDC Xosé Luís Armesto para as municipais na Coruña

Xusto un mes despois de avanzar o primeiro tramo da lista, o Bloque presentou este sábado a súa candidatura completa, "resultado dun consenso amplo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2019 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O candidato do BNG á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, presentou unha "campaña participada e propositiva" na que, aos nomes xa ha anunciados, sumou ao ex reitor da UDC, Xosé Luís Armesto, á mariscadora Teresa Ramiro a Beatriz Gómez, activista de memoria histórica. Xusto un mes despois de avanzar o primeiro tramo da lista, o Bloque presentou este sábado a súa candidatura completa, "resultado dun consenso amplo", segundo subliñou Francisco Jorquera.

Así, a candidatura complétase con nomes como Xosé Luís Armesto, ex reitor da UDC no posto 27 que pecha a lista; Beatriz Gómez Amigo, activista social e da memoria histórica e veciña de Silva; Gonzalo Flores, enxeñeiro e funcionario da Xunta ou Roberto Tizón, funcionario do Concello. Tamén incorpora a Manuel Vázquez, membro da plataforma de emigrantes retornados ou a Anxa González, profesora xubilada.

Nomes cos que pechou a lista do BNG para as municipais de maio na Coruña, presentada durante a mañá na chaira de O Parrote, e que incorporaba no segundo posto á actual portavoz municipal do BNG e única concelleira da formación, Avia Veira.

A lista inclúe no tres á escritora Mercedes Queixas, no cuarto posto a Patricia Cordo, do Comité de Empresa de Extel, á actriz Isabel Risco, a Ricardo Vales, impulsor da Comisión en Defensa do Común ou a Xulio Moscowich, representante do Comité de Empresa de Alcoa. "É unha candidatura en positivo porque a forman persoas con enerxía e ilusión, é participativa, porque está integrada por persoas que participan activamente nos movementos sociais e en distintos espazos de intervención cívica" e formada por "persoas capaces e solventes" capaces de "un cambio serio na Coruña", subliñou Jorquera.

O candidato nacionalista incidiu en que "o cambio que Coruña necesita non é o da tripla alianza ultra" que trata de que se "retorne a un pasado en negro". E concluíu lembrando as palabras da eurodeputada nacionalista Ana Miranda, para definir o perfil humano das candidatas e candidatos coruñeses: "Como di Ana, somos unha candidatura de luz, traballo e poesía".

Jorquera (BNG) incorpora á súa lista en últimos ao ex reitor da UDC Xosé Luís. BNG
Jorquera (BNG) incorpora á súa lista en últimos ao ex reitor da UDC Xosé Luís. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta