Unha galega á conquista do Atlántico: primeiros días preparando a travesía

Maite Rojo é patroa de barco e gobernará, por primeira vez, un barco desde as Palmas de Gran Canaria ata Tórtola, nas Illas Virxes Británicas, cruzando todo o Océano Atlántico. Na sección "Dominando os mares" irá contando o seu día a día nunha travesía de 3.000 millas á fronte dun veleiro de 19 metros.

Por Galicia Confidencial | Las Palmas | 23/03/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Día de traballo e empezar a coñecer o barco, cousas como onde está o motor e se está revisado, o mesmo o xerador, onde están as ferramentas, pezas de reposto, etc... Recoñecemento tamén onde están as baterías de servizo e fágolles un mantemento enchendo con auga destilada, reviso os cargadores de baterías e dámonos conta que un se estragou.  Chamadas de teléfono, revisións de manuais de a bordo e levantar todos os ferros de sentinas para seguir investigando e localizando todas as bombas sobre todo as de achique. No caso dunha vía de auga.

Unha imaxe do iate no que viaxa Maite Rojo
Unha imaxe do iate no que viaxa Maite Rojo | Fonte: Remitida

Nunca correr nun barco e non andar descalza son normas básicas, para tentar manter o teu físico en bo estado, doutro xeito, pouco poderías axudar a bordo. E eu, aínda sabendo isto, cometín o erro de facer ambas as cousas cando o francés trouxo o bote auxiliar de volta, despois de que lle reforzasen a cuberta con fibra. Ao saltar en cuberta o meu pé bateu cun stopper, unha peza de metal pola que pasa un cabo que frea ata que se teña que utilizar. Iste produciume un corte debaixo dos dedos do pé dereito que fai que chorree sangue en cuberta. Así que teño que sentar e agardar a que me axuden a cortar a hemorraxia.

Chega outro tripulante desde Portugal aínda que el é inglés e o cuarto mariño dos 6 tripulantes que seremos. Os  mozos van a cear fora e o encargado, a moza inglesa e eu ceamos xuntos, o cal me dá a ocasión de coñecelos mellor e aínda que xa coñecín ao encargado en Mallorca, acabamos contándonos media vida e resultou ser unha cea moi agradable.

*******

Outro novo día e seguimos coa preparación do barco, as velas, os cabos, poleas extra, subir ao pau para chequear as luces de navegación ou facer limpeza e coadas de roupa para estar presentables.

Esperamos a chegada do propietario que chegou ás 19:00 e convidounos a cear nun dos mellores restaurantes do porto, onde todos gozamos da boa comida e a compaña.

************

Tivemos o día libre e aproveito para saír a correr e visitar algo a cidade das Palmas que non coñecía. 

Teremos que aprazar a saída un par de días porque despois do festivo, significa que non haberá todos os produtos frescos que queremos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta