Temas: XURéS INCENDIOS

Extinguido un conato de incendio forestal que afectou o parque natural de O Xurés

O lume iniciouse ao redor das 10,20 horas da mañá deste sábado e quedou extinguido ás 11,50. Na zona traballaron 1 axente, 1 brigada e unha motobomba.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou da extinción dun conato de incendio forestal, no concello ourensán de Entrimo, que afectou a unha superficie de 0,06 hectáres de monte raso na parroquia de Venceáns, no parque natural de O Xurés.

O lume iniciouse ao redor das 10,20 horas da mañá deste sábado e quedou extinguido ás 11,50. Na zona traballaron 1 axente, 1 brigada e unha motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectarse algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais pode ser consultada na conta aberta en Twitter @incendios085.

aixa Limia - Serra do Xurés
aixa Limia - Serra do Xurés | Fonte: Xunta.

Temas: XURéS INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta