Petición de once anos de cadea para un home acusado dun delito continuado de abuso sexual a unha menor

Pídese unha indemnización para a moza por un total de 6.000 euros polo dano moral derivado dos feitos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial coruñesa xulgará a partir do 3 de abril a un home acusado dun delito continuado de abuso sexual a unha menor de 16 anos de idade. En concreto, enfróntase a unha pena de 11 anos de prisión.

Os feitos ocorreron entre xaneiro de 2017 e o 14 de agosto dese mesmo ano, durante o que o acusado mantivo relacións sexuais reiteradamente coa citada menor no domicilio do procesado, salvo nunha ocasión que se realizaron no seu vehículo.

Durante algunhas semanas, entre febreiro e xuño dese ano, estas relacións producíanse practicamente a diario, momento en que esta moza aínda era menor, circunstancia que condicionaba o seu consentimento e que era aproveitada polo procesado.

A Fiscalía solicita unha pena de once anos de prisión, liberdade vixiada durante oito anos tras a súa posta en liberdade, a prohibición de achegarse a menos de 500 metros da moza, o seu domicilio, centro ou lugar de traballo, ademais de comunicarse con ela, durante 20 anos. Doutra banda, pídese unha indemnización para a moza por un total de 6.000 euros polo dano moral derivado dos feitos.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta