Temas: PSOE PP

O Concello de Esgos gastou 27.000 euros en mercar unhas leiras que eran dun dos concelleiros do PP

O PSOE de Esgos denuncia que este concelleiro tamén votou a favor de comprarse unha leira a si mesmo con fondos públicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O PSOE de Esgos denunciou que un edil do Partido Popular deste municipio ourensán votou nunha xunta de goberno local a favor de comprarse a si mesmo unha leira para construír un tanatorio.

Nun comunicado, os socialistas aseguran que Camilo José Rodríguez aprobou en decembro de 2016, xunto cos restantes asistentes do grupo de goberno á sesión, a compra dunha serie de parcelas da súa propiedade, dos seus irmáns e do seu pai, exalcalde do PP nesta localidade.

O PSOE de Esgos cifra en 26.712 euros o valor das propiedades que "benefician directamente ao concelleiro e aos seus familiares". Ademais, indica que deste total, ao edil correspondéronlle 5.432 euros.

"Neste concello sempre lle pasan cousas boas aos mesmos", asegura o portavoz do grupo municipal socialista, Victor Pérez, que lamentou que unha infraestrutura "tan necesaria" como a do tanatorio "se vexa salpicada por irregularidades tan manifestas".

"A ética e a legalidade debe prevalecer sempre no uso do diñeiro público", asegura o portavoz que considera que os restantes integrantes do goberno municipal, especialmente o alcalde, que votaron a favor desta compra "son cómplices".

Ademais, o PSOE de Esgos lembrou que o edil implicado nesta cuestión "xa apareceu nas listas de enchufados do PP no seu día, por acceder a un posto de traballo público no Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), dependente da Deputación Provincial, cando o seu pai era alcalde do municipio".

Autobús con publicidade do PP en Esgos
Autobús con publicidade do PP en Esgos

Temas: PSOE PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pepe o delincuente

Mais e mais corruePPcio... asi e o PePeiro a fabrica mais grande de inmoralidade e dexenere, desde o mais alto o mais baixo todos implicados, xa o dixo a xustiza que eran un-ha mafia espantosa una fabrica de delincuencia vil, o sabemos agora xa ha probas, agora xa ha confesions, agora xa ha barcenas que falan abertamente de sobres e de "tito marijuano"... cobraban en negro do xeito mais grotesco... pero claro que tendo un xefe amigo dos maiores narcotraficantes e envelenadores da mocidade galega, que que se podía esperar... todo tipo de ilegalidades manifestas!!! en calisquer outro país de democracia o pepeiro xa teria sido disolto e os seus xefes enviados a xustiza!!!-