Temas: PONTEVEDRA DROGA

Un acusado de tráfico de drogas báixase os pantalóns e ensina o traseiro ao público nun xuízo en Pontevedra

O presidente do tribunal da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra reprendeu a "conduta bastante impropia" do home.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

O presidente do tribunal da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra reprendeu a "conduta bastante impropia" dun home que, durante a vista oral na que estaba a ser xulgado por tráfico de drogas, se baixou os pantalóns para mostrar o seu traseiro ao público que se atopaba na Sala.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

O acusado Valentín O.M. sentouse este mércores no banco dos acusados tras ser sorprendido nun control de tráfico tratando de ocultar oito gramos de cocaína que levaba na zona dos xenitais e que arroxou á vexetación.

Este individuo, reincidente neste tipo de delitos, negou a acusación que lle atribúe a Fiscalía, e pola que pide que sexa condenado a dous anos e medio de prisión e o pago dunha multa de 900 euros. A Fiscalía baséase no testemuño de dous axentes da Policía Nacional que este xoves reiteraron durante o xuízo.

O acusado e os policías coinciden en que sobre as 21,00 horas do 16 de xuño de 2017, catro días despois de ser condenado por última vez por un delito contra a saúde pública, viaxaba de copiloto nun vehículo que se estragou e empezou a botar fume, de modo que unha patrulla policial lle pediu que se detivese na zona do Marco, no acceso a Pontevedra.

O acusado recoñece que levaba un pequeno "ovo" con haxix que entregou á Policía, pero rexeita que fose súa a cocaína, xa que, segundo a súa versión, só se achegou á varanda dun desnivel situado a uns dous metros para ouriñar.

Temas: PONTEVEDRA DROGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta