Máis de 20.000 persoas opositarán á Xunta esta fin de semana en Silleda

As probas serán no recinto da Feira Internacional de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2019 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Máis de 20.000 persoas están chamadas a participar nas oposicións de acceso á Xunta que se celebrarán este fin de semana no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda.

En sábado, celebraranse oposicións para 38 prazas do corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma A1, ás 9,30 horas, mentres que pola tarde será o exame para 53 prazas do corpo auxiliar C2, ás 16.00 horas.

Xa o domingo, a xornada arrincará co exame do corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma A2 (30 prazas), mentres que pola tarde será a quenda da categoría de camareiro-limpador/axudante de cociña, con 76 prazas.

Oposicións.  XUNTA DE GALICIA
Oposicións. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta