Que é un "migrante climático" e por que se pide o seu recoñecemento?

O movemento Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio trasladou unha petición a todos os grupos políticos con representación no Parlamento galego para que se apoie a creación desta figura a nivel internacional

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O movemento Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio trasladou unha petición a todos os grupos políticos con representación no Parlamento galego para que a Cámara apoie a creación do status internacional de 'migrante climático'.

A maiores, a entidade reclama que se inste ao Goberno estatal a que considere como refuxiados nas súas correspondentes leis de migración e asilo ás persoas "obrigadas a abandonar o seu hábitat ben polo cambio climático ou ben pola ameaza ambiental que os rodea".

Para Acampa, os "cada vez máis obvios efectos do cambio climático" no planeta "están a provocar un dano irreparable no modo de vida de millóns de persoas, afectadas por temperaturas cada vez máis extremas, a desertización ou a subida do nivel do mar, que as "deixan sen áreas de cultivo nin de pastoreo e mesmo sen terra que habitar".

Segundo indicou a entidade, a ONU e outras organizacións internacionais calculan que nos próximos 30 anos entre 250 e 1.000 millóns de persoas terán que buscar refuxio por cuestións ambientais.

Fronte a este problema "xigantesco", Acampa criticou que a categoría de desprazado por cuestións climáticas "non estea recoñecida por ningún goberno nin institución, algo que consideran "urxente".

Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático
Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático | Fonte: meteorologiaenred.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta