Ana Pastor compara o Camiño de Santiago cos gobernos do PP como "valor seguro" para o turismo

A número un 'popular ao Congreso' por Pontevedra percorreu este venres un tramo da Ruta Xacobea.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/04/2019 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

A número un da candidatura do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, percorreu este venres un tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Vigo, onde asegurou que esta ruta, do mesmo xeito que os gobernos do PP, son "un valor seguro para a xestión e a promoción do turismo".

28A.- Ana Pastor Compara O Camiño De Santiago Cos Gobernos Do PP Como 'Valor Seguro' Para O Turismo. PP
28A.- Ana Pastor Compara O Camiño De Santiago Cos Gobernos Do PP Como 'Valor Seguro' Para O Turismo. PP | Fonte: Europa Press

Pastor, que estivo acompañada do candidato ao Congreso Diego Gago, do candidato ao Senado Manuel Hidalgo e da candidata á alcaldía de Vigo Elena Muñoz, aproveitou o percorrido para visibilizar o Camiño Portugués pola Costa.

Fixo énfase, ademais, nas propostas electorais do Partido Popular dedicadas ás persoas maiores, resaltando que o PP leva "un programa moi intensivo" para este colectivo, co obxectivo de que "ningún maior estea só, que ningún maior se atope só" e que teñan apoio social e económico.

Pastor destacou que o PP propón "axilizar "as axudas á dependencia para evitar demoras e garantir que se poidan dar "de forma inmediata", así como fomentar un apoio social a través da mobilización de voluntarios para que poidan "acompañar e arroupar" aos maiores.

DEBATE ELECTORAL

Ana Pastor referiuse tamén á polémica dos debates electorais, algo que cualificou como "un culebrón". "Isto comezou porque o PSOE e quen o lidera quixeron facer un debate á súa medida, incluíndo nos debates a quen eles entendían que lles interesaba máis, e saíulles mal, cando a Xunta Electoral dixo que non", dixo Pastor.

Tras "tentar outro escenario que lles viña estupendamente", a popular dixo que "xa á terceira tiveron que dar o brazo a torcer, porque haberá dous debates", como "pediu o Partido Popular" e como tamén "pediron os profesionais de RTVE, con moi bo criterio". "O PSOE sempre actuou tarde, mal e a rastras e tentando manipular", criticou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Brian

O "camino" só é un negocio prá igrexa e un medio de proselitismo pró pp e os seus kikos e opusdeistas. Poucas institucións fixeron máis dano ó galego e a Galiza que a igrexa nacionalcatólica. Ata meteron con calzador as súas procesións e lingua na nosa nación. Viva Galiza Laica!