Pontón defende que "non fai falla ser nacionalista" para votar o BNG

A portavoz nacional di que votar BNG ten "premio extra": "Defender Galicia e frear a dereita rancia". Apela aos indecisos para que o 28 de abril opten pola formación nacionalista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2019 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apelou aos indecisos para que o 28 de abril opten pola formación nacionalista, porque a papeleta do Bloque ten "un premio extra", ao "garantir" a defensa de Galicia e frear a entrada da "dereita carca", "rancia e "antigalega" que representa "Vox e Ciudadanos", dixo.

Acto electoral do BNG na Coruña
Acto electoral do BNG na Coruña | Fonte: Europa Press.

Consciente de que o BNG disputará escanos na Coruña e Pontevedra con estas dúas formacións, Ana Pontón reiterou que "non fai falla ser nacionalista" para votar o Bloque "senón querer un futuro mellor para este país".

"O 28A os e as galegas temos a oportunidade de ser decisivos cun voto que ten un premio extra, porque co voto ao BNG defendemos Galicia, defendemos dereitos sociais, liberdades públicas e democracia, pero tamén se impide que haxa un só escano da dereitona rancia, machista e antigalega, á que lle estamos disputando escanos non só na Coruña senón tamén en Pontevedra, a esa dereita que representan Vox e Ciudadanos", argumentou.

Nun acto celebrado na Coruña, Pontón, ante a porcentaxe moi alta de voto aínda sen decidirse, dirixiuse aos indecisos que "teñen preocupación e non saben aínda a quen votar", aos que lembrou que para optar polo Bloque non fai falla ser nacionalista.

"O único que se necesita é levar Galicia na cabeza e no corazón, querer que este país teña un futuro mellor e acabar cun trato discriminatorio que nos impide saír adiante e ter un futuro máis esperanzador", resaltou.

No entanto, a portavoz do BNG non quixo entrar a valorar as enquisas, nin as que lle "gustan menos", nin as que lle "gustan máis", máis aló de que confirmen "un BNG en remontada" que vai "ser a sorpresa destas eleccións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Guillerme Gintonic

Non hai máis que ver Pontevedra, onde os do PP votan por Lores

2 uu1

E os nacionalistas galegos não comunistas podemos votar hoje em dia ao BNG? Palavras de Castelao “Esta declaración feita por un partido controlado polos nacionalistas galegos, non comunistas, responde ao anceio xeral das pequenas nacións resucitadas ao socaire da posguerra europea.”

1 Agora si que si

Adiante BNG!!! Imos encher as furnas con votos galegos!!!!