A Xunta prevé que Galicia erradique en 2021 a tuberculose bovina

A prevalencia actual na Comunidade é do 0,05%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural prevé que en 2021 Galicia estea libre de tuberculose bovina, xa que se "están cumprindo todos os requisitos" para conseguilo. Na comisión de Agricultura, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, explicou que a prevalencia da tuberculose bovina é do 0,05% en Galicia en 2018, polo que está nunha situación "privilexiada" fronte ao resto de España.

De feito, compárao coa situación problemática que se vive nas comunidades de Andalucía, Castela-A Mancha e Estremadura, con prevalencias que se sitúan entre o 9% e o 12%. En resposta a unha pregunta dos populares, Balseiros cre que "probablemente" se consiga  erradicar en 2021 a tuberculose bovina, para o que continúan os controis e mostraxes, pois cre que "non se pode baixar a garda".

Rural.- A Xunta prevé que Galicia erradique en 2021 a tuberculose bovina. XUNTA
Rural.- A Xunta prevé que Galicia erradique en 2021 a tuberculose bovina. XUNTA | Fonte: Europa Press

Neste sentido, lembra que en xaneiro a Comisión Europea xa declarou á provincia de Pontevedra como indemne a esta enfermidade animal, a primeira en España en conseguilo.


LIBRE DE BRUCELOSE

O director xeral de Gandaría lembrou que o Ministerio de Agricultura pon como exemplo a Galicia da loita contra as enfermidades animais. Remarca que Galicia é unha comunidade libre de brucelose bovina desde 2017, mentres xa suma unha década sen que se detecten focos activos. O mesmo ocorre coa brucelose ovina e caprina, erradicada desde 2013.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta