Investigadas dúas traballadoras dun club da Pobra acusadas de estafar e ameazar a un veciño de Boiro

A Garda Civil investiga a dúas traballadoras dun club de alterne da Pobra do Caramiñal por supostos delitos de furto, estafa e ameazas contra un veciño de Boiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2019 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a dúas traballadoras dun club de alterne da Pobra do Caramiñal por supostos delitos de furto, estafa e ameazas contra un veciño de Boiro. Tal e como explicou a Garda Civil nun comunicado, os feitos ocorreron cando a presunta vítima contratou os servizos de ambas as mulleres no club no que traballan.

Tanto o home como as dúas mulleres desprazáronse ao domicilio do denunciante e, unha vez alí, elas subtraéronlle, presuntamente, 3.000 euros en metálico dun caixón. Ademais, acúsaas de realizar tres cargos no seu cartón de crédito por valor de 917 euros, unha contía que "non se correspondía coa cantidade pactada no club".

Segundo indicou a Garda Civil, cando días despois o prexudicado púxose en contacto cunha das prostitutas para recuperar o furtado, ela presuntamente ameazouno con "enviar a unha persoa para acabar coa súa vida".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta