Os tentáculos da Operación Púnica tamén chegaron a Lalín

Este concello estivo a piques de pechar un proxecto empresarial co cerebro da Operación Púnica, David Marjaliza. Foi durante o goberno do popular José Crespo. Os testaferros do empresario madrileño negociaron ventaxas urbanísticas para crear unha planta de reciclaxes de neumáticos. "Lleva 24 años de alcalde, es vicepresidente de la diputación, es del PP y todo ha ido muy bien”, din sobre a posibilidade de que Crespo autorice a operación que, finalmente, non se levou a cabo.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 06/05/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

David Marjaliza, o cerebro da Operación Púnica, tamén quixo facer negocios sucios en Lalín. O sumario desta trama evidencia que o ex alcalde popular de Lalín, José Crespo, así como outros membros do daquela Goberno municipal cooperaron de forma activa no ano 2014 para favorecer a instalación dunha planta de reciclaxe de neumáticos neste concello. Un proxecto para o que era preciso unha recualificación urbanística exprés dun dos terreos nos que se quería asentar esta industria. Con todo, nunca se chegou materializar porque o interlocutor da trama co Concello, Antonio Serrano (testaferro de David Marjaliza) foi detido no marco da Operación Púnica en outubro de 2014, xusto un día antes de manter unha nova reunión en Lalín para tratar ese asunto.

Polígono industrial Lalin 2000
Polígono industrial Lalin 2000 | Fonte: navesindustriales.com

Segundo diversas testemuñas, Marjaliza chegou a amasar máis de 100 millóns de euros a través de numerosos contratos con administracións gobernadas principalmente polo PP que movía a través de diferentes sociedades. Tras ser detido no marco da Operación Púnica, saíu de prisión o 30 de decembro de 2015, logo de pasar 14 meses encarcerado. O instrutor da causa, Eloy Velasco, impúxolle unha fianza de 100.000 euros que abonou cunha leira de Valdemoro e 11.602 euros en efectivo.

Un deses negocios que estivo a piques de pechar tiña como epicentro Lalín a través da empresa Signus. Segundo documentación do sumario á que tivo acceso GC, os implicados na trama estaban a montar outra sociedade, co nome de Código Deportivo, para o desembarco dunha factoría na capital do Deza. O seu obxectivo era poñer en marcha unha planta de reciclaxe de neumáticos que, segundo tentaban venderlle ao concello, crearía numerosos postos de traballo e xeraría un suculento negocio.

Foi así, co suposto interese económico desta operación, como atraeron a atención de empresarios e do goberno local. O primeiro contacto co concello foi a través dun técnico e un empresario local ao que a trama lle pretendía comprar unha nave no polígono industrial Lalín 2000. Antonio Serrano (o testaferro de David Marjaliza) ameaza con levar o proxecto ao polígono lalinense de Botos, a unha nave valorada en 1,2 millóns de euros e que naquel entón está en mans de Caixanova. Ante o medo de que o proxecto marche para Botos, o propietario da nave no polígono Lalín 2000 concerta unha reunión entre Antonio Serrano e José Crespo para buscar algunha fórmula que permita salvar aos obstáculos urbanísticos que se lle presentan. 

TENTANDO BUSCAR AMAÑOS URBANÍSTICOS

O encontro entre o testaferro da Púnica e o ex alcalde de Lalín prodúcese o 16 de xullo de 2014 no Concello. É aí cando, segundo as conversas entre os implicados na trama, se empezan a definir as posibles solucións aos impedimentos para a instalación da industria. Un deses impedimentos é que a nave carece de licenza de primeira ocupación; o outro son os usos urbanísticos que ten a parcela anexa a esa nave e que non se axustan ao que precisan os promotores da planta de neumáticos. Neste escenario, a proposta da trama “es que le desafecten el suelo porque es un bien patrimonial y le cobren un alquiler y que mientras el Ayuntamiento haga la modificación del plan parcial, que el Ayuntamiento es lo que le dijo que podían hacer”. Antonio Serrano afirma nunha das conversas do sumario que “eso tarda unos años, pero que el ya está instalado, pagando y trabajando legalmente, que a ver si lo quieren hacer así”.

A Púnica tamén salpica ao Concello de Lalín
A Púnica tamén salpica ao Concello de Lalín

Por iso busca axilizar os trámites urbanísticos e presiona ao concello. "El alcalde lo que quiere es que se instalen, empiecen a trabajar y contratar gente”, di nunha das súas conversas con Marjaliza. O sumario recolle que Crespo pídelle que "presentaran esa nave diciéndole lo que necesitaban, que luego él lo autoriza, van a hacer una inspección, si van, y listo”. Paralelamente, estaría disposto a pedir “la modificación del plan, la cual tarda seis meses, por lo que van a estar un tiempo en precario. Pero le han garantizado que no tendrán ningún problema, una vez solucionado”. Ao parecer, en base a esta conversa, o único que pon problemas é o abogado do Concello -tamén presente na reunión- “pero el alcalde le dijo que hiciese lo que fuese necesario, pero que ese suelo lo tenían que utilizar e instalarse en ese espacio, además que ese tema lo tenía que hacer rápido y como el letrado se va pasado maña de vacaciones, mañana lo deja resuelto”. 

Noutra conversa telefónica sobre o encontro co daquela alcalde de Lalín, Antonio Serrano coméntalle a David Marjaliza que “en la reunión se ha solucionado todo, que el abogado del ayuntamiento no estaba por la labor, pero que el alcalde le ha dicho que no quiere problemas y que mañana quiere el asunto solucionado, que mañana mismo quiere la autorización”. A continuación Serrano explica que “les ha planteado hacer una modificación de la tasa por ser una ocupación a largo plazo poniéndoles una concesión tipo alquiler y, mientras, desafectais el suelo haciendo una modificación puntual del Plan (de Urbanismo) con ello permitiendo el alquiler a este tipo de instalaciones, pues espacio libre hay en el polígono”. “A ello”, prosegue Serrano, “el alcalde ha dicho que eso está hecho, que en seis meses tienen lista la modificación”. Ante estas palabras, David Marjaliza pregunta si “el alcalde es bueno, si tiene mayoría”.  Antonio Serrano contesta que si, “que lleva 24 años de alcalde y que es vicepresidente de la diputación, que es del PP, que todo ha ido muy bien”. 

Marjaliza amosase satisfeito. Semella ter xa un novo negocio para aumentar o seu peto, xa que a recualificación urbanística que en principio iba a “tardar unos años”, tras a reunión con Crespo pode quedar solucionado “en seis meses”. Con todo, algunhas das persoas involucradas no proxecto expresan as súas dúbidas sobre esta posible alternativa. O promotor da planta, por exemplo, pregúntalle a Antonio Serrano “como se garantizan un paraguas durante el período en precario”. Antonio Serrano contesta que José Crespo lle dixo que “ellos les van a autorizar en precario, que mientras pedirían la recalificación del terreno, que tarda seis meses pues el primer teniente de alcalde (Román Rodríguez, hoxe conselleiro de Cultura) es portavoz de Urbanismo en la Xunta (realmente era portavoz de Urbanismo no Parlamento galego) y se movería para aprobarlo en ese tiempo”. 

"TODO CON LA TOTALIDAD LEGALIDAD"

A pesar das dificultades, o concello insiste na legalidade do proxecto. "“El alcalde le ha dicho que que todo se va a hacer con la totalidad legalidad, pidiéndole que revisara la ficha pues seguramente exista un uso compatible que les evitara que realicen todo el proceso de legalización. Luego la conversación (con el alcalde) ha ido sobre otras cosas que le contará en persona”. Outra persoa, á que á Garda Civil só consegue identificar como José María, pregúntalle a Antonio Serrano se lles van dar unha autorización en precario “iniciando paralelamente la tramitación ante la comisión territorial de Urbanismo (refírese á Xunta) la recalificación de la parcela”. Serrano contesta que “sí, que se trata de una modificación parcial del Plan general modificando los usos, pues el problema de la parcela es de uso para el polígono”. Antonio incide en que “el alcalde ordenó al letrado del ayuntamiento que estaba presente en la reunión que buscase algún uso compatible”. A outra persoa non indentificada insiste en que “el tema en precario es muy peligroso”, xa que pode haber algunha denuncia por problemas de ruído e contaminación “y entonces el ayuntamiento tendrá que mirar para otro lado”. “Lo mismo” continúa, “les pasó a ellos en el Ayuntamiento de Villadangos con una planta que hicieron allí, donde el alcalde les dio permiso para construir la nave y él miraría para otro lado, que para el ayuntamiento va a estar todo bien, pero si va un tercero disconforme les tiran la nave”.

Por iso, e ante posibles denuncias de irregularidades, este conseguidor da trama Púnica tenta tranquilizar ao seu interlocutor. "Ese aspecto se trató ayer en la reunión de Lalín, comentándoles que, si llegado el caso algún vecino dice algo, es muy sencillo: ellos para el trámite de modificación del uso tardan seis meses y cualquier procedimiento para dar trámite a una denuncia administrativa va a tardar más de esos seis meses, por lo que cuando quieran dar trámite a esa denuncia se habrá realizado la modificación de uso y esa denuncia se archivará”. O interlocutor responde que “eso a ellos les da mucha tranquilidad, pues ve que el alcalde (Crespo) está muy interesado en ello”. Agora os promotores deben elaborar un novo plano adaptado ao terreo e  teñen que ser “avispados, pues el Ayuntamiento puede cobrarles tasas por ocupación de espacios públicos, que piensa que no, pero por si acaso tienen que ser comedidos en la ocupación de ese suelo, que si pueden ser no usen todo el terreno según el plano, pues luego sobre la realidad ya es otra cosa”. 

Precisamente, pouco despois, Antonio Serrano recibe unha chamada do entón tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Román Rodríguez. Nesa conversa, Antonio Serrano explícalle a Román Rodríguez que o uso compatible que está buscando para a parcela onde está pensando instalar unha planta de pneumáticos é “un punto limpio de residuos no peligrosos”, unha posibilidade que xa comentou co abogado do Concello de Lalín, Salvador, quen lla vai trasladar ao arquitecto municipal. 

Román Rodríguez di “que Salvador le comentó la reunión que mantuvieron con el alcalde y que podría buscar una fórmula que antes no encontraba y que por su parte se podría hacer sin ningún tipo de problema”. Malia a boa disposición amosada polo ex edil de Urbanismo de Lalín, nesa conversa Román Rodríguez tamén admite ser coñecedor dun factor que si supón un problema para levar a cabo ese cambio de usos: no mesmo polígono “ya existe un punto limpio que gestiona una empresa y que desconoce si en el contrato de gestión existe alguna cláusula que impidiera poner otro punto limpio y que habría que mirarlo”. En todo caso, Rodríguez explica que “cuando se reincorpore Salvador (o avogado) a ver si le puede tantear, porque no sabe cual sería el siguiente paso y desconoce si habló con el arquitecto o no”. Tamén afirma Román Rodríguez que “habría que iniciar todo el trámite de gestión lo antes posible”, o que constata o seu interese en axilizar ao máximo ao procedemento para instalar a pranta de pneumáticos.

Os empresarios da trama Púnica, vendo que a solución para solventar os impedimentos urbanísticos semella encauzada, empezan a pechar os detalles para a compra da nave do polígono Lalín 2000 onde está previsto instalar a factoría. Antonio Serrano volve a explicar a xogada nunha conversa co propietario desas instalacións: “le ha propuesto al abogado del Ayuntamiento hacer un punto limpio en favor del Ayuntamiento, que ayer llamó a Román (Rodríguez) y que le ofrece al pueblo y al polígono un punto limpio”. Para salvar o feito de que xa existe un, Serrano apunta a posibilidade de que sexa “un punto limpio de aceites o de ruedas”, e anuncia que “le va a enviar un mail al alcalde con la idea para que vea que le parece”. 

CONVERSA ENIGMÁTICA

Semanas despois desta conversa, Antonio Serrano recibe unha das chamadas máis enigmáticas das recollidas no sumario sobre este asunto. Trátase dunha persoa descoñecida que lle di a Serrano “que le gustaría verles, que se pueden encontrar en Tordesillas, Medina del Campo o San Rafael para hablar”. Antonio Serrano contesta que “tienen que ver donde está éste (en referencia a David Marjaliza), que no está aquí, que venía hoy de Marbella. Que cuando pueda habla con él y le pregunta”. A persoa descoñecida afirma a continuación “que todo va conforme a lo previsto y que hay que ir pagando”. Falan dunha cantidade de diñeiro “que está en cuenta en el BBVA, que tiene 28.000 mil euros”. Din tamén que “a licencia de primeira ocupación está solicitada” e Serrano engade que “ha hablado con Salvador (o avogado do Concello de Lalín) para decirle que estaban retomando el tema. Que José María le tiene que decir maña el domicilio de Lalín y de León para cambiar el domicilio. Falan tamén “de las subvenciones que pueden obtener y de esperar órdenes de David Marjaliza”.

En días sucesivos, e en diferentes conversas, Antonio Serrano chega a afirmar que “lo de Galicia muy bien porque la gente del ayuntamiento está volcada”; ou que, a pesar de que hai problemas coa licenza de primeira ocupación da nave, dende o Concello lle din que “no hai problema en ir empezando a meter la maquinaria (na nave) siempre y cuando no la pongan a funcionar”. Con respecto aos problemas coa licenza de primeira ocupación, Antonio Serrano afirma nunha conversa do 11 de setembro “que le ha llamado Salvador, el abogado del ayuntamiento de Lalín, para confirmarle que estaban con el asunto y que no se preocupara porque lo que estaban haciendo no afectaba en nada al compromiso al que habían llegado, que lo hicieron bien pues así el modificado del proyecto lo hacen ellos”. 

Xa o 3 de setembro de 2014 Antonio Serrano recibe unha chamada de David Marjaliza, que lle pregunta por “cómo le fue el día”. Marjaliza pregunta “si estaba con lo de Lalín” ao que Antonio Serrano contesta que si. David Marjaliza di que “tienen que abrir la pieza de allí que dijeron de esos pueblos” e Serrano comenta “que cuando diga David lo organiza, que están esperando que vaya allí con alguien”. Días despois -o 11 de setembro- Antonio Serrano coméntalle a David Marjaliza que “ha estado un poco tenso con Adolfo por no ir a Lalín”. Ao mesmo tempo -xa conscientes de que están no punto de mira da Garda Civil- Marjaliza comenta sobre os seus múltiples negocios que “tiene que hablar con él sobre sus trabajos porque dice que aquí todo el mundo habla de cohecho y que él considera que está haciendo una labor comercial, que aquí cualquier gilipollas escribe 4 folios, se los da a un fiscal y que te meten cohecho”. David apunta que “que no da nada a cambio de nada, que sólo habla con los concejales y con el alcalde y que ya no sabe si eso es cohecho, que él unicamente presenta a gente y que si luego gana el concurso se lleva comisión, pero que no considera que eso sea delito, que ya no sabe que hacer”. 

É pouco despois, precisamente, cando se precipitan as detencións no marco da Operación Púnica debido a unha filtración aos investigados. Antonio Serrano, o intermediario da trama co Concello de Lalín, é un dos detidos por orde do xuíz Eloy Velasco o día 27 de outubro de 2014. Xusto ao día seguinte, tiña concertada unha nova reunión no Concello de Lalín para seguir avanzando no procedemento para a instalación dunha pranta de neumáticos no polígono Lalín 2000.

Conversas da Operación Púnica na que se menciona ao ex alcalde do Concello de Lalín
Conversas da Operación Púnica na que se menciona ao ex alcalde do Concello de Lalín
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luan

O Crespo está acabado