Dolors Montserrat eloxia a Feijóo: "Es o faro de Galicia e de moitos"

Destaca que Galicia, aínda que perdeu votos nas Xerais, resistiu mellor que outras autonomías.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 14/05/2019 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

A candidata do PP ao Parlamento Europeo, Dolors Montserrat, eloxiou este martes ao presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a quen se referiu como "o faro de Galicia e de moitos", nun acto sectorial sobre pesca celebrado en Vigo.

Dolors Montserrat súmase así ás voces 'populares' que eloxian ao político galego pola súa xestión nunha terra que "dá envexa", unha comunidade na que o PP, pese ao baixón xeneralizado nos resultados electorais do 28 de abril, foi na que, comparativamente, mellor resistiu este partido.

As gabanzas de Montserrat a Feijóo prodúcense a pesar das diferentes visións que ambos manifestaron publicamente sobre a foto de Colón, que reuniu a Pablo Casado, Albert Rivera e Santiago Abascal.

Dolors Montserrat eloxia a Feijóo
Dolors Montserrat eloxia a Feijóo | Fonte: Europa Press

Así, mentres Feijóo respondeu cun "depende" á pregunta de se a participación do PP nese acto fora un erro, Dolors Montserrat defendeu que foi un "exercicio de liberdade" e grazas a esa manifestación o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "cedeu e convocou eleccións".

DEFENSA DA FLOTA

Por outra banda, prometeu apoiar o sector pesqueiro de Galicia ante a Unión Europea, e subliñou que o seu partido é "o que mellor defende os intereses galegos e españois" en Bruxelas, porque ten "experiencia e liderado".

Así o mantivo nun encontro sectorial sobre pesca celebrado no Liceo Marítimo de Bouzas, en Vigo, no que proclamou que "Galicia é o Vaticano do mar, e Vigo a súa Capela Sixtina", en alusión á importancia do sector marítimo-pesqueiro nesta rexión.

"A importancia da pesca en Galicia non pasa inadvertida para o PP, por iso os seus portavoces de pesca son sempre de Galicia", incidiu Montserrat, quen defendeu que, da man do seu partido, este sector alcanzou logros na loita contra a pesca ilegal ou na recuperación de cotas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pasmao

A ver si lo lleváis para Madrid cuanto antes.