Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 21:36
Cando se vai de viaxe e se goza dunhas vacacións, o último que se quere é ter que preocuparse das cousas que se deixan atrás. Moitos usuarios recorren por este motivo ao aparcamento de longa ou curta duración que ofrecen os aeroportos. Porén, non sempre está moi clara a elección a tomar. Co obxectivo de axudar aos usuarios a decidir, nace Parkos, un comparador de opcións de aparcadoiro que permite consultar as opcións de diferentes aeroportos a nivel nacional, incluso en aeroportos grandes como o de Madrid ou Barcelona.
Tras introducir o aeroporto desexado, esta plataforma ofrece as opcións de aparcadoiro dispoñibles no mesmo. Permite ademais revisar prezos, opcións de dispoñibilidade, opinións de clientes e as diferentes posibilidades que ofrece cada aparcamento.
PREPARA A TÚA VIAXE
Parkos aconsella preparar as viaxes con antelación para poder realizalas con tranquilidade. A moitas persoas lles da pereza e déixano todo para o último momento, pero, sen lugar a dúbidas, merece a pena que tomarse algún tempo e organizar a viaxe como é debido, xa que se conseguirán mellores condicións e sobre todo non se sentirá esa precipitación ao saír de casa. Deste xeito, evitarase a sensación de esquecerse algo ou similares que fan que as viaxes non se disfruten todo o que se pode.
Un dos elementos fundamentais que se recomenda preparar con antelación é precisamente o de escoller o aparcadoiro no aeroporto. Hai que ter en conta que si non se fai así e se deixa para o último momento, probablemente o prezo sexa máis elevado ao habitual. Ademais, se se reserva xusto antes de saír, é moi probable que se perdan ofertas que poderían supor unha importante rebaixa no prezo que imos pagar.
APARCADOIROS QUE OFRECEN MOITOS SERVIZOS
Hoxe en día os aparcadoiros estanse especializando para ofrecer todo tipo de comodidades aos clientes. Hai que ter en conta que ao marxe da opción oficial que hai en todos os aeroportos, para dar servizo aos viaxeiros, tamén existen parkings cerca da zona do aeroporto que ofrecen servizos complementarios para que o proceso sexa máis rápido. Estes servizos como os valet, que aparcan o coche para que non teña que facer o usuario ou o shuttle parking, que permite chegar rapidamente ao aeroporto, son cuestións a ter en conta para que a viaxe sexa o máis pracenteira posible.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.