O PSOE de Pontevedra sinala o compromiso das súas candidaturas coa defensa da Atención Primaria

O secretario provincial do PSOE de Pontevedra, David Regades, declarou que "os nosos alcaldes non van antepor os intereses políticos ou de partido aos intereses da cidadanía".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O secretario provincial do PSOE de Pontevedra, David Regades, destacou o compromiso dos alcaldables socialistas de reclamar desde os gobernos municipais á Xunta unha Atención Primaria "de calidade". Así o anunciou este mércores nunha rolda de prensa celebrada nas inmediacións do centro de saúde da Estrada xunto ao candidato á Alcaldía deste municipio, Luís López Bo, e o portavoz de Sanidade do PSdeG no Parlamento de Galicia, JulioTorrado.

"Os nosos alcaldes non van antepor os intereses políticos ou de partido aos intereses da cidadanía", asegurou Regades, que destacou o compromiso de López Bo coa veciños fronte ao alcalde da Estrada, o popular José López Campos, "que non lle planta cara a Feijóo e ao PP por ser do mesmo partido". Segundo indicou Regades, a atención primaria é o sistema sanitario que "máis hai que coidar" xa que un "80% dos casos pódense resolver nesta primeira atención sanitaria se estes centros contan con persoal e medios, unha adecuada xestión dos seus recursos e a formación necesaria".

"Da súa adecuada capacidade de resolución dos casos depende que as urxencias hospitalarias non se saturen e, en moitos casos, que os problemas médicos non se agraven pola espera, evitando tratamentos máis custosos e complexos", indicou. Regades lembrou tamén a situación vivida o pasado verán en moitos centros de saúde da provincia, nos que a falta de profesionais levou a que fose cualificado como "o verán do desastre na Atención Primaria galega".

Pola súa banda, o candidato á alcaldía lembrou o falecemento ocorrido o pasado verán ante a falta de persoal sanitario dean a PAC. "Na Estrada xa tivemos consecuencias fatais", sinalou para censurar que non haxa vontade de contratalos con condicións dignas". Por último, Torrado asegurou que non é casual que Galicia sexa a "terceira peor comunidade" en valoración do sistema sanitario público tras os "recortes" aplicados pola Xunta.

26M.- O PSOE De Pontevedra Destaca O Compromiso Dos seus Alcaldables Coa Defensa Da Atención Primaria. PSOE PONTEVEDRA
26M.- O PSOE De Pontevedra Destaca O Compromiso Dos seus Alcaldables Coa Defensa Da Atención Primaria. PSOE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

David Regades é experto en leiraparkins e agora disque quere facer outro parking de 1200 prazas nas Avenidas que se afunden día a día ... Cartos ao queixón, Kirie Eleysón !!! https://flic.kr/p/28Xs97J Apuntarse á Dignidade Atención Primaria é só outra pose electoral máis... https://youtu.be/e85k0DfROJk