Xulio Ferreiro confía en que a Marea Atlántica volva liderar "a maioría de progreso" da Coruña

O alcalde e candidato á reelección na Coruña animou aos cidadáns a acudir ás urnas e lembrou aos "homes e mulleres que deixaron a vida para favorecer" os dereitos actuais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O alcalde e candidato á reelección na Coruña pola Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, mostrou a súa confianza en que despois das eleccións municipais deste domingo a "maioría de progreso" que "hai" na cidade vai seguir estando "liderada" pola súa formación.

Tras exercer o seu dereito a voto no Centro Cívico de San Diego, Xulio Ferreiro animou aos cidadáns a acudir ás urnas e lembrou aos "homes e mulleres que deixaron a vida para favorecer" os dereitos actuais. "Cada votación é, á vez, unha homenaxe a todas esas persoas".

Ferreiro mostrouse optimista de face aos resultados. "Na Coruña hai unha maioría de progreso que sei que vai liderar a Marea Atlántica", asegurou.

O candidato de Marea Atlántica tamén tivo palabras de agradecemento a todos os que colaboraron durante a campaña electoral, pondo en valor que a forza da formación "está na xente", nas "persoas que traballaron de sol a sol esta campaña", "repartindo ilusión e futuro". "Con ese equipo, sei que imos gañar", concluíu.

MAREA ATLÁNTICA
MAREA ATLÁNTICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta