Un surfeiro rescata a un bañista na Praia de Ancoradoiro de Muros

Ambos os dous puideron chegar a terra sen problemas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2019 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

Un surfeiro rescatou a un bañista en apertos na Praia de Ancoradoiro, no municipio coruñés de Muros, en torno ao medio día deste sábado. Segundo informa o 112, ambos puideron chegar a terra sans e salvos. Foi un familiar quen informou o centro de emerxencias, ao redor das 13:00 horas, de que o seu cuñado non saba saído da auga e que un surfeiro saíra ao seu rescate.

Tras a chamada, o 112 puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, de Gardacostas, do 061, do GES e de Protección Civil de Muros. Tamén se informou á Garda Civil e á Policía Local, que xa tiñan constancia do sucedido. Finalmente, todos os medios de rescate foron anulados debido a que as dúas persoas chegaron a terra sas e salvas.

Rescate en la playa do Ancoradoiro, en Muros
Rescate en la playa do Ancoradoiro, en Muros | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta