En Común esixe compromisos para Galicia ante o Rei e defende unha coalición PSOE-Unidas Podemos

Yolanda Díaz trasladou a Felipe VI que Unidas Podemos, cos seus 42 deputados, é a única forza que pode garantir un goberno estable que poña en marcha un programa de cambio progresista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

A portavoz de Galicia en Común-Unidas Podemos no Congreso, Yolanda Díaz, defendeu este mércores ante o Rei unha coalición de goberno entre o PSOE e Unidas Podemos e despois, ante os medios de comunicación, esixiu ao xefe do Executivo en funcións, Pedro Sánchez, que aclare que quere facer e como pensa lograr os votos para ser investido.

Así o expuxo Díaz na rolda de prensa que ofreceu no Congreso tras a súa audiencia co xefe do Estado dentro da rolda de consultas que abriu Felipe VI antes de propor un candidato á investidura. A ferrolá, deputada por Pontevedra, exerceu ante o Rei de representante da coalición galega En Común, que modificou o seu nome e pasará a usar a nomenclatura Galicia en Común dentro do grupo confederal de Unidas Podemos.

A excoordinadora nacional de Esquerda Unida trasladou a Felipe VI que Unidas Podemos, cos seus 42 deputados, é a única forza que pode garantir un goberno estable que poña en marcha un programa de cambio progresista.

Díaz recalcou que, aínda que "rema na mesma dirección que o grupo confederal", Galicia en Común é unha forza con "autonomía propia" e non dará un voto favorable á investidura se o Goberno non se compromete con Galicia, o seu financiamento, o futuro da súa industria e as súas conexións ferroviarias".

Díaz aproveitou a súa visita a Zarzuela para regalar ao Rei un exemplar de 'Follas Novas' de Rosalía de Castro, un libro que, segundo explicou, non tiñan na Casa Real, e co que quería pór en valor a loita "contra as inxustizas sociais" e a visión "vangardista e feminista" da que sempre fixo gala a súa autora.

GOBERNO DE COALICIÓN

Para Díaz, as urnas o pasado 28 de abril reclamaron un goberno de coalición no que debe integrarse Unidas Podemos. "A cidadanía non quere gobernos monocolores, únicos e en precario, quere estabilidade e que se aborden os retos de transformación que necesita o país", avisou Díaz, quen tamén defendeu en Zarzuela a "necesidade de tender pontes" con Cataluña e de que haxa un Goberno "estable" antes de que se dite a sentenza sobre o 'procés'.

Preguntada expresamente se Galicia en Común non apoiará a investidura se Unidas Podemos non está no Goberno, como avanzou Equo que fará, a portavoz insistiu en que o grupo confederal é "a única que pode dar estabilidade ao Goberno de inframinoría do PSOE" e en que as urnas reclamaron con claridade un goberno de coalición, como o que existe na maioría dos países europeos.

"Por que ten Pedro Sánchez medo a iso se a sociedade non o ten?", preguntouse, deixando caer que non quere pensar que o líder do PSOE estea a barallar ser investido co apoio doutra formación, en referencia a Cidadáns.

Neste punto, mostrou a súa sorpresa polo feito de que aínda non se dese "nin unha pequena conversación" entre o PSOE e o seu grupo confederal para explorar a consecución dun acordo programático entre ambas as partes. "Iso depende de Pedro Sánchez e é el quen debe dicir con claridade que é o que quere facer", puntualizou Díaz.

Audiencia do Rei a Yolanda Díaz Pérez, de en Común-Unidas Podemos. Casa Real
Audiencia do Rei a Yolanda Díaz Pérez, de en Común-Unidas Podemos. Casa Real | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Gamela

Follas Novas... tren... e moita leria... pero cando Alexandra votou contra os orzamentos Yolanda e Toné fixéronlle o baleiro todo o que quixeron ata botala a patadas da política ! E agora son eles os que USURPAN o nome de "Galicia en Común" ? https://i.gal/gamela03 O mundo ao revés... coma sempre!

1 MalditaUPG

¡La culpa es de la U!

4 Rosa Luxemburgo

E se fora YOLANDO diríades o mesmo?

1 DonTom

No é Yolando é Yolanda. Se miña avoa tivese rodas sería unha carretilla. Pero non as ten e é miña avoa. Chámase realismo político, unha cousa é o "se fose" e outra diferente o "é". Xa se teñen criticado igualmente "machos", o que pasa e que cando se critican machos ninguén di nada... Anda que non criticaron ao Ruben de Vigo ou a Martiño..., e ninguén saiu dicindo: e se se chamara Martiña faríades o mesmo...? xa está ben de tanta susceptibilidade. Critícana pola política non por ser muller. Isto dígoo eu que non comentei nada.

2 Gamela

Cherchez la femme "busca á muller" Cando un hombre se comporta dunha maneira inexplicable, seguramente está tratando de impresionar ou gañar o favor dunha muller. Pablo Iglesias - Irene Montero - Alberto Garzón (unha muller que tiña dous amores) Así podes comprender mellor os apoios de Yolanda?

3 Sentidiño

Gamelo, dás noxo de puritito macho... ☹

4 Gamela

non comprendo o do noxo... Non dicían que detrás dun "gran home" sempre había "unha gran muller" ? Pois iso é o que estamos a ver: como as "mulleres traidoras" son elevadas á portavoces dunha cousa que chaman Galicia En Común (que eu saiba ise nome nin siquera figuraba na papeleta de votación!) https://www.encomun.gal/

3 Ramiro de Yoli

Pero non son " republicanos " e esta tipa perde o cú por facerse a foto co " Preparao "

2 Marta dos Polos

Galicia en Común? Existe ese partido? Menuda trepas esta individua.

1 Gamela

O cinismo desta muller semella non ter límites! Cando eran 5 deputados galegos resulta que estaba prohibido votar en contra (a Alexandra fixéronlle a vida imposible por votar en clave galega!) e agora que só están DOUS fanse chamar: G.P. CONFEDERAL DE UNIDAS PODEMOS-EN COMÚ PODEM-GALICIA EN COMÚN Cando desfixeron En Marea e polo tanto de Galicia en Común só teñen o que Toné e Yolanda "teñan en común" pero representar non representan a ninguén !!! E agora vía marquesa de Galapagar aparece na Zarzuela a chupar cámara...? http://www.congreso.es/portal/page/... Eu quero que volva Alexandra Kollontai !!!

1 Gamela

As dúas ratas que abandonaron o barco agora teñen unha VIDA ROSA ! https://twitter.com/EnComun_Gal Cando non es ninguén o primeiro que debes facer é abrir unha páxina web !!! https://www.encomun.gal/