A Fiscalía pide xuízo contra a edil do BNG de Fene que impediu o debate dunha moción de censura en 2017

A acusación é por un suposto delito de prevaricación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2019 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

A Fiscalía solicitou a apertura de xuízo oral na Audiencia Provincial da Coruña para xulgar á edila Mariela Aguilar (BNG) do Concello de Fene (A Coruña), acusada dun suposto delito de prevaricación, tras impedir que se celebrase en outubro de 2017 o pleno de moción de censura.

Naquela sesión, a Aguilar tocoulle exercer de presidenta da mesa de idade, momento no que aproveitou para suspender a sesión e o debate da moción de censura argumentando que non se daban as circunstancias para realizar este pleno, ao estimar que os dous concelleiros de Somos Fene tiñan a condición de non adscritos.

Pero, segundo sostén a Fiscalía, a concelleira nacionalista tomou esta decisión a pesar de ser informada pola secretaria de que existían resolucións xudiciais na que se constataba que os dous edís de Somos Fene o eran cos seus plenos dereitos, ao existir unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol que así o estimaba.

No documento de acusación rubricado pola fiscal da área de Ferrol solicítase para Mariela Aguilar "a inhabilitación especial para emprego ou cargo público e para o dereito de sufraxio pasivo durante dez anos", así como o pago das costas. Tras a moción de censura o PP accedeu á alcaldía cos votos de Somos Fene, unha marea local que, tras esta manobra deixou de pertencer o espazos das mareas e desapareceu do concello nos comicios do pasado 26M.

Mariela Aguilar, á esquerda, e Rocío Bértoa, no pleno da moción de censura en Fene
Mariela Aguilar, á esquerda, e Rocío Bértoa, no pleno da moción de censura en Fene | Fonte: Ferrol360

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta