O PSdeG di que o PP non ten "dignidade" porque tanto lle ten "botarse nos brazos de Vox que de Jácome"

Caballero asegura que os cargos populares tiveron que "tapar o nariz" para investir ao portavoz de DO como alcalde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a comparecer publicamente co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (DO), e o presidente en funcións da Deputación provincial, o popular Manuel Baltar, para explicar o seu pacto para repartirse estas institucións.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, Gonzalo Caballero criticou que Feijóo "peche o seu ciclo político" cun "exercicio de indignidade política" e de "bochorno" na cidade de Ourense co pacto da súa formación para darlle a alcaldía ao portavoz de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome.

"Feijóo pecha o seu ciclo político cun intercambio de cromos que traizoa ao electorado de Ourense, porque os votantes do PP non queren a Jácome como alcalde e os votantes de Jácome non queren a Baltar na Deputación", manifestou.

Así mesmo, o líder dos socialistas galegos criticou que o presidente da Xunta non asistise a ningunha toma de posesión dos novos alcaldes o pasado sábado "pola vergoña" que lle dá "o pacto que xerou en Ourense". "Dicíanos que Jácome era letal para a cidade de Ourense e Jácome dicíanos que Baltar era tóxico para a cidade de Ourense", lembrou.

Por iso, emprazou ao tamén presidente da Xunta a "ter valor político" e "explicarlle aos galegos a súa operación para Ourense". "Ten que dar unha rolda de prensa cos seus referentes municipais, Baltar e Jácome, para que o tres expliquen porque aquilo que dicían que era letal para Ourense acabárono aplaudindo este sábado nun exercicio esperpéntico de bochorno político", manifestou.

"MALABARISMOS DO PP"

Neste contexto, Gonzalo Caballero mostrou a súa preocupación polos "malabarismos" do Partido Popular que, como indicou, "fala de que goberne a lista máis votada pero, cando ten que botarse nos brazos de Vox ou nos de Jácome, está disposto a facelo sen responsabilidade nin dignidade", indicou.

"Preocúpanos, ademais, que foi un acordo contra os compromisos que esas forzas tiveron ao longo da campaña e a precampaña, ao longo de todo este tempo político no que Jácome pedía o voto con todo tipo de improperios e descualificacións", sinalou.

28A.- Gonzalo Caballero: 'O único voto necesario para frear á dereita e á ultradereita é o PSOE'. EUROPA PRESS - Arquivo
28A.- Gonzalo Caballero: 'O único voto necesario para frear á dereita e á ultradereita é o PSOE'. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Guillerme Gintonic

Sr Caballero: Que pensa facer cos do Psoe de Fene ?