Galicia acolle un exercicio militar que pon a proba o sistema de defensa aérea español

Trátase do exercicio militar 'Eagle Eye 19-02".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asistiu este martes en Santiago á presentación do exercicio militar 'Eagle Eye 19-02', que efectúan durante esta semana as tres unidades do Exército de España en territorio galego para pór a proba o sistema de defensa aérea español.

Durante a presentación, Javier Losada destacou a elección de Galicia para a operación máis importante das que se realizan periodicamente para pór a proba a seguridade aérea, ao combinar unidades do tres exércitos baixo o Mando de Operacións Aéreas (MDOA), unidade que dirixe a operación.

O delegado do Goberno presenciou un simulacro de ataque aéreo ás instalacións do Aeródromo Militar de Santiago xunto co xefe do Mando Aéreo de Combate do Exército do Aire, César Miguel Simón, e outras autoridades militares.

O 'Eagle Eye 19-02', que se desenvolve desde o 24 ao 28 de xuño, integra capacidades de Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire para a vixilancia do espazo aéreo. Este adestramento conxunto dos tres exércitos perfecciona a coordinación entre medios terrestres, navais e aéreos, o que contribúe eficazmente á seguridade e defensa de España.

Este exercicio desenvólvese no marco das operacións permanentes das Forzas Armadas, que levan a cabo baixo o mando do Mando de Operacións Aéreas (MDOA), órgano da estrutura operativa das Forzas Armadas directamente subordinado ao Xefe de Estado Maior da Defensa (JEMAD) e ao Comandante do Mando de Operacións (MOPS).

O delegado do Goberno, Javier Losada, presencia o simulacro. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno, Javier Losada, presencia o simulacro. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta