Inzar desaparece como corrente organizada dentro do BNG

A organización Inzar desaparece logo de case 40 anos de Historia. Faino pola distancia que hai entre a súa existencia real e as “pretensións formais” recollidas nos seus documentos fundacionais. Guillerme Vázquez, Sánchez Bugallo ou Carlos Príncipe formaron parte dos antecedendentes de Inzar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2012 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A organización Inzar acordou proceder á súa disolución.  Unha decisión que foi adoptada con anterioridade ao comezo dos traballos da XIII Asemblea Nacional do BNG e non foi comunicada publicamente até agora para “non interferir co proceso asembleario da organización frontista”.A disolución será formalizada o vindeiro 3 de Marzo.

Segundo apunta Xesús Veiga Buxán en nome do Consello Nacional desta organización, o remate do ciclo vital de Inzar non está asociado a unha estratexia relacionada co presente e o futuro do actual BNG. “Dende hai varios anos, o esmorecemento da vida organizada do noso colectivo e a notábel redución da súa proxección pública, provocou unha indesexábel distancia entre a nosa existencia real e as pretensións formalmente reclamadas nos nosos documentos fundacionais”, asegura.

Participar na sociedade

Con todo, a desaparición de INZAR non significa que as persoas que integren este colectivo renuncien, segundo o seu Consello Nacional,   á defensa das ideas de transformación social que acompañaron a súa andaina durante os últimos 40 anos. “A partir de agora, semellantes ideas serán canalizadas a través da participación no amplo tecido asociativo que, no noso Pais, traballa a favor dos dereitos nacionais e do mantemento e ampliación das políticas de benestar social”, asegura.

Inzar naceu no ano 1991 como consecuencia da fusión da Liga Comunista Revolucionaria (LCR) e o Movemento Comunista de Galiza (MCG), dous partidos políticos xurdidos nos últimos anos do franquismo.Dende o mes de Maio de 1993, INZAR pasou a formar parte do BNG como un dos colectivos recoñecidos formalmente no seo da organización nacionalista e desde hai tres anos a maior parte dos seus militantes formaban parte de Máis Galiza.

Precisamente, no último Consello Nacional, Inzar xa non designou a ningún membro da súa corrente para formar parte deste órgano tras ter enviado, previamente, unha carta á Executiva informando sobre as razóns desta decisión. O pasado sábado, tan só se elixiron representantes por parte da UPG e de Galiza Nova. No  Consello Nacional anterior á XIII Asamblea Nacional tiveron representación como colectivos dentro do BNG a UPG, EN, PNG-PG, Inzar e o Colectivo Socialista.

Historia

Ao longo da súa historia, Inzar contou con destacados líderes políticos como o actual alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, ou os ex concelleiro do BNG en Ferrol, Xaquín Ros ou Andrés García Mata, que foi ex tenente de alcalde en Ourense na lexislatura pasada. Antes de configurar Inzar, tamén destacados dirixentes socialistas como Xosé Sánchez Bugallo ou Carlos Príncipe formaron parte do MCG e da LCR, respectivamente. Asemade, o actual voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez foi membro do MCG nos anos 70.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

1 Antón

A tendencia natural dos troskos e rematar formando parte do enemigo burgues. Os maoistas sempre coas suas contradicións, penso que se a UPG ceiba o partido do lastre socialdemocrata pode iniciar unha liña marxista-leninista ou socialista necesaria que o pode levar a ser un partido lider na defensa dos dereitos do pobo e moi atractivo para militar nel. Ainda que o Bloque cecais non sexa o partido mais axeitado de Galiza para liderar esa andaina é o uneco que o pode facer.

1 comunista

Mais a UPG é tamén un fato de contradiciós. Compre algo mais de afouteza na defensa dos principios, coido que estes camaradas son mais axeitados para liderar a tarefa que mencionas: http://www.crevgalegas.blogspot.com...

2 Antón

Home eso sen dubida, seguro que esos son mais axeitados pero carecen dos medios e respaldo suficiente nestes intres para liderar esa tarefa. Esperemos que no futuro si, habida conta que este sistema capitalista se lle da un máximo de 30 ou 40 anos de vida, polo menos tal como o coñecemos, dada sua inviablilidade por sua natureza neste contexto actual. A uneca alternativa que se amosa eficiente contra este capitalismo que nos está a despoxar de todo dende sanidade, educación, traballo e vivenda, lingoa, cultura, dignidade.....é o socialismo. Ou eso ou un fascismo capitalista semi feudal onde unha élite acapare todo o poder.

3 paisano

200 anos despois, a política de Marx-Lenin-Stalin-Mao xa non ten sentido, deberíamos adaptar o comunismo ó noso tempo e á nosa sociedade. Porque aquí todos queren ir de "puretas" comunistas, pero todos en internet, todos co seu potátil, co seu móbil, a súa televisión, a súa leira, a súa casa, etc. A ver se vos dades conta e espertades,que xa non é 1850...

4 Xoelho

Inzar era un_a merda, por resumilo cun_a soa palabra. É un_a historia de xente sen criterio, de cataventos ou viraventos("veletas" en castelán), que navegaba á deriva, sen claridade de ideas, sen rumbo. Agora parece que disolven a "mani" eles soínhos, sen policía. Primeiro foron, uns, maoístas, outros, trotskistas (estes últimos, pouco serios, incumpridores e mal organizados; os outros, regular). Logo, suponse que mantendo ideas marxistas, deciden unirse (¿eran maoístas, eran trotskos, como se definían, sabíano eles mesmos?). Máis tarde deciden facerse nacionalistas e entran no BNG, e ata Suso Vega chegou a dicir -máis ou menos- aquí mesmo, en GC, que o cachondo do Quintana era "cojonudo". ¿Que pasou? ¿Claudicaron? ¿Descubriron que lhes gusta o sistema? ¿Prefiren deixarse levar pola corrente xeral do BNG-UPG? ¿Cansáronse de xogar?

5 Antón

200 anos é o que leva de vida o sistema capitalista, 200 anos de guerras, conflictos e desastres acompañados de productivismo e avances tecnoloxicos. 200 anos para chegar ao seu final, a ver se vos dades conta! Non hai que percurar apegos polo que non ten remedio. O sistema se esgota é inviable e de ren val facerse onanismos mentais. O sistema esgotado só é quén de crear problemas, baseado na premisa só de obter o máximo de beneficios cos menores custes, non ten ningunha regulación de crear xustiza social i empeza a despoxarnos de todo, sanidade, educación, vivenda, benestar, cultura.... Unha proba do final deste sistema productivista e depredador é que nas últimas décados só foi quén de implantar 2 innovacións tecnolóxicas con diferentes variantes nas nosas casas a pesares da sua natureza productiva a base de facer un mundo sen sostenibilidade : o video e o ordenador